Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín e a Agrupación de Alcohólicos Anónimos de Ourense informan sobre condutas adictivas ao alumnado dos institutos de Verín
O Concello de Verín e a Agrupación de Alcohólicos Anónimos de Ourense informan sobre condutas adictivas ao alumnado dos institutos de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Xuño 2019 12:54

Durante os meses de maio e xuño, os departamentos da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e o de Psicoloxía (Servizos Sociais) do Concello de Verín organizaron unha serie de charlas informativas sobre condutas adictivas que foron impartidas nos distintos centros de ensino secundario da vila (IES Xesús Taboada Chivite, IES Castro de Baroncelli e o Colexio Apostólico Mercedario).

Neste proxecto colaboraron membros da Agrupación Alcohólicos Anónimos de Ourense, os cales posibilitaron aos estudantes de secundaria verineses escoitar de primeira man testemuños reais sobre as consecuencias do abuso e consumo de sustancias. Cabe destacar tamén que os responsables dos centros educativos participantes nas xornadas valoraron moi positivamente esta iniciativa dado o “gran impacto causado entre os xóvenes”.

Segundo salientaron os técnicos municipais responsables do proxecto, a colaboración realizada pola Agrupación de Alcohólicos Anónimos de Ourense foi totalmente desinteresada, mostrando un gran interese en seguir colaborando no mesmo ca Oficina de Xuventude e  a área de Psicoloxía do Concello de Verín nesta iniciativa.

Desde a Oficina de Xuventude quixeron aproveitar a ocasión para facer entrega duns trípticos informativo do carné xove, coa finalidade de achegarlle ao alumnado as vantaxes do mesmo e de resolver as posibles dúbidas que lles xurdiran sobre este interesante recurso.



 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac