Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 300 menores participan la ruta ciclista organizada no marco das Primeiras Xornadas de Educación Vial de Verín
Máis de 300 menores participan la ruta ciclista organizada no marco das Primeiras Xornadas de Educación Vial de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Xuño 2019 14:02

Hoxe pola maña, máis de trescentos alumnos de 5º e 6º de educación primaria pertencentes aos colexios María Inmaculada, Princesa de España e Amaro Refojo participaron na última actividade programada no marco das primeiras Xornadas de Educación Vial de #Verín.

Durante o percorrido do roteiro, os menores foron acompañados en todo momento pola Policía Local de Verín, membros da Garda Civil de Tráfico da nosa localidade e por por integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín.

Tamén estiveron presentes na saída oficial da ruta a coordinadora de educación vial da DXT en Ourense e membro activo das xornadas, Sinda Aguiar, e a concelleira de Tráfico Seguridade Cidadá e Protección Civil do Concello de Verín, Cándida Couñago.

Devanditas xornadas, que incluíron na súa programación talleres e charlas temáticas; un circuíto de educación viaria, coa presenza de vehículos oficiais das forzas de seguridade bombeiros e Cruz Vermella; e unha ruta ciclista, foron organizadas polo Club BTT Verín, en colaboración do Concello de Verín, a Dirección Xeral de Tráfico ( DXT), a Garda Civil de Tráfico, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Cruz Vermella, Bombeiros, Bicicletas Matías e Bicicletas Chinquena.

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac