Esta mañá tivo lugar na casa do Concello de Verín o pleno de constitución da nova corporación. A mesa do pleno de investidura foi presidida por Cándida Couñago, a concelleira de maior idade, quen fixo o chamamento para a toma de posesión e xuramento dos 17 concelleiros electos que conforman a nova Corporación Municipal:
PSdG-PSOE: Gerardo Seoane Fidalgo, Rosario Rodríguez Delgado, José Luís Martín Domínguez, Julio Viéitez Pardelas, Cándida Couñago Lara, Manuel Lorenzo Feijoó, Vicente González Pérez e María Isabel González Fernández.
BNG: Diego Lourenzo Moura, Emilia Somoza Basalo, Eugenio Quintas Albores, Purificación Caldelas Rodríguez e Abelardo Meiriño Vieites.
PP: Juan Manuel Jiménez Morán, Luisa Valladares, Víctor Baladrón Lamas e Beatriz Blanco Adegas.
Finalmente, o candidato socialista, Gerardo Seoane Fidalgo, foi investido alcalde tras recibir a maioría absoluta de votos da Corporación, 13 por parte dos concelleiros e concelleiras dos grupos políticos do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego.
Empezamos esta nova lexislatura coa firme vontade de enfrontar os nosos problemas máis profundos, como son o envellecemento poboacional, a falta de oportunidades e precariedade laboral, e a falta de formación adecuada ao século XXI” destacou Seoane. Para loitar contra estes problemas o alcalde de Verín adiantou que “se implementarán uns corenta proxectos, en colaboración con empresarios locais, de rexeneración urbana e novas industrias orientadas á primeira transformación dos nosos produtos principalmente agropecuarios, así como un centro de formación en novas tecnoloxías enfocado ao aproveitamento dos nosos recursos”.
|