Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno extraordinario de organización do Concello de Verín
Pleno extraordinario de organización do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Xuño 2019 14:53

Esta mañá tivo lugar na casa consistorial o pleno extraordinario de constitución do Concello de Verín no que se trataron os seguintes puntos:

 


1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  EXTRAORDINARIA DE DATA 15/06/2019.

2. DAR CONTA DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS CONSTITUÍDOS.

3. PERIODICIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO.

4. CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES

5. Expediente 2295/2019. Participación en Organismos ou Institucións. NOMEAMENTO REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS  COLEXIADOS

6. DAR CONTA DO DECRETO  DE ALCALDÍA DE DATA 20/06/2019 NOMEANDO MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO  LOCAL, TENENTES  DE ALCALDE, ASÍ COMO DA DELEGACIÓN DE ATRIBUCIÓNS NA XUNTA DE GOBERNO  LOCAL, NO PLENO E DA FIXACIÓN DA PERIODICIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS DA XUNTA DE GOBERNO  LOCAL.

7. DAR CONTA DO DECRETO  DE ALCALDÍA DE DATA 19/06/2019 SOBRE  DELEGACIÓN DE SERVIZOS.

8. PROPOSTA DE ALCALDÍA DE DELEGACIÓNS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO  LOCAL.

9. PROPOSTA DA ALCALDÍA POLA QUE SE ESTABLECEN OS CARGOS  MUNICIPAIS QUE SE DESENVOLVERÁN EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA OU PARCIAL E ESTABLECEMENTO  DAS SÚAS RETRIBUCIÓNS ECONÓMICAS.

10. PROPOSTA DA ALCALDÍA POLA QUE SE ESTABLECE O NÚMERO, CARACTERÍSTICAS E RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL EVENTUAL.

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, deu conta dos grupos políticos municipais constituídos, sendo os seguintes:

PSdG-PSOE: Gerardo Seoane Fidalgo, Rosario Rodríguez Delgado, José Luís Martín Domínguez, Julio Viéitez Pardelas, Cándida Couñago Lara, Manuel Lorenzo Feijoó, Vicente González Pérez e María Isabel González Fernández.

BNG: Diego Lourenzo Moura, Emilia Somoza Basalo, Eugenio Quintas Albores, Purificación Caldelas Rodríguez e Abelardo Meiriño Vieites.

PP: Juan Manuel Jiménez Morán, Luisa Valladares, Víctor Baladrón Lamas  e Beatriz Blanco Adegas.

 

O Pleno acordou tamén, por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, realizar as súas sesións ordinarias bimensuais, o último venres dos meses pares, ás 10:00 horas. Se o día no que corresponde realizar a sesión ordinaria coincidise con festivo, realizarase o mércores desa mesma semana, á mesma hora.

No que se refire a creación e composición das comisións informativas permenentes acordouse por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, a seguinte distribución:

 

- SEGURIDADE CIDADÁ, TRÁFICO E PROTECCIÓN CIVIL

- PERSOAL, RÉXIME INTERIOR E ASUNTOS XERAIS

- SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

- ESPECIAL DE CONTAS, ECONOMÍA E FACENDA

- INFRAESTRUTURAS, OBRAS PÚBLICAS E SERVIZOS PÚBLICOS

- URBANISMO E PATRIMONIO

- AGRICULTURA E MEDIO AMBIENTE

- EDUCACIÓN E CULTURA

- INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO

- DEPORTES E XUVENTUDE

 

Seguindo os criterios de proporcionalidade que menciona o artigo 125-b) do ROF, devanditas comisións estarán compostas por sete membros cada unha correspondendo, tres ao grupo socialista, dous ao Bloque Nacionalista Galego  e dous ao Partido Popular.

Por outra banda,  tamén se deu conta na sesión plenaria do nomeamento dos membros da xunta de goberno  local, tenentes  de alcalde, así como da delegación de atribucións na xunta de goberno local, así como a delegación de servizos.

Membros da Xunta de Goberno Local:

DIEGO LOURENZO MOURA

ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO

CÁNDIDA COUÑAGO LARA

JULIO VIÉITEZ PARDELLAS

EMILIA SOMOZA BASALO


1º tenente de alcalde: DIEGO LOURENZO MOURA

2ª tenente de alcalde: ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO

 

A distribución das áreas de xestión municipal delegadas será a seguinte:

 

1. ÁREA DE URBANISMO, CASCO ANTIGO, PATRIMONIO E VIVENDA.

Comprenderá o planemanto e a xestión urbanística do territorio, a vivenda social e a rehabilitación do casco antigo. Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas. Edificios en ruínas. Estacionamentos.

 

Concelleiro: GERARDO SEOANE FIDALGO (PsdG- PSOE).

2. ÁREA DE FACENDA, MOCIDADE, TURISMO, EUROCIDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

Elaboración e xestión orzamentaria, tributos e tesourería. Xestión e políticas de xuventude. Fomento do Turismo e promoción de balnearios e termalismo. Relación coa Eurocidade e Participación Cidadá.

 

Concelleiro:  DIEGO LOURENZO MOURA (BNG).

 

3. ÁREA DE PERSOAL E RÉXIME INTERIOR.

Responsable da coordinación do cadro de persoal funcionario e laboral, realización de proxectos de optimización dos ecursos humanos, negociación laboral, selección de persoal, etc. Funcións de organización e xestión do réxime interior.

No ámbito dos Servizos Sociais será a responsable de Igualdade e Plan Xitano.

 

Concelleira: ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO (PsdG- PSOE).

 

4. ÁREA DE DEPORTES E PEDANÍAS.

Xestión das Escolas Deportivas do Concello de Verín. Piscina Climatizada. Piscina Descuberta. Pabellón e instalacións deportivas.

Relación coas parroquias e as súas pedanías.

 

Concelleiro: JOSÉ LUIS MARTÍN DOMINGUEZ (PsdG- PSOE).

 

5. ÁREA DE XARDINS, OBRAS E SERVIZOS PÚBLICOS.

Responsabilidade da xestión da Brigada de Xardíns e Obras.

Limpeza, recollida de lixo, iluminación, cemiterio, aparcamento soterrado e matadoiro.

 

Concelleiro: JULIO VIEITEZ PARDELLAS (PsdG- PSOE).

 

6. ÁREA DE TRÁFICO, SEGURIDADE CIDADÁ E PROTECCIÓN CIVIL.

Comprenderá as seccións de tráfico, Policia Local e Protección Civil. Seguridade cidadá e coordinación das emerxencias. Ocupación de vías públicas e venda ambulante.

 

Concelleira: CÁNDIDA COUÑAGO LARA (PsdG- PSOE).

 

7. TRANSPORTE, FEIRAS E HOSTELERIA.

Responsabilidade de transporte e taxis. Feiras e apoio ao sector hosteleiro.

 

Concelleiro: MANUEL LORENZO FEIJÓO (PsdG- PSOE).

 

8. ÁREA DE EDAR E AUGAS.

Comprenderá a xestión de augas e depuradora muncipal.

 

Concelleiro: VICENTE GONZÁLEZ PÉREZ (PsdG- PSOE).

 

9. ÁREA DE COMERCIO.

Promoción do comercio local.

 

Concelleira: MARÍA ISABEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ (PsdG- PSOE)

10. ÁREA DE CULTURA, EDUCACIÓN E FESTEXOS.

Comprenderá os servizos de educación. Escola de Música, Escola de Artes e oficios, Centros Culturais, Auditorio, Conservatorio, Biblioteca e programación cultura e de festexos. Promoción Cultural.

 

Concelleira:  EMILIA SOMOZA BASALO (BNG).

 

11. ÁREA DE SANIDADE E SERVIZOS SOCIAIS.

Comprenderá os servizos de Sanidade e a xestión das oficinas dependentes de Servizos Socias excepto Igualdade e Plan Xitano que será xestionado por Rosario Rodríguez.

 

Concelleiro: EUGENIO QUINTAS ALBORES (BNG).

 

12. ÁREA DE DESENVOLVEMENTO RURAL E MEDIOAMBIENTE.

Comprenderá todas as accións destinadas ao fomento do rural.

Zonas verdes. Montes e sanidade ambiental. Ecoloxía. Sanidade animal e refuxio de animais abandonados.

 

Concelleira: PURIFICACIÓN CALDELAS RODRÍGUEZ (BNG).

 

13. ÁREA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO.

Promoción do emprego e xestión dos Parques Empresariais. Responsablidade dos departamentos de promoción económica do Concello.

 

Concelleiro: ABELARDO MEIRIÑO VIEITES (BNG).

 

En canto as delegacións do pleno na xunta de goberno  local aprobáronse, as seguintes atribucións:

 

- O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria.

- Declaración de lesividade dos actos do concello.

- Aprobación de proxectos de obras e servizos, cando aínda non estean previstos nos orzamentos.

- Establecemento ou modificación dos prezos públicos.

- Solicitude, xustificación e aceptación de subvencións do Estado, da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial ou de calquera outro organismo cuxa normativa atribúa ao Pleno a súa competencia.

- Acordar a consideración de construcións, instalacións ou obras de especial interese ou utilidade municipal para os efectos das bonificacións previstas no artigo 6 da Ordenanza fiscal e reguladora do imposto de construcións, instalacións e obras.

 

No referente as dedicacións dos concelleiros, o pleno aprobou por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 en contra do Partido Popular a seguinte  estrutura:

 

•          Dedicación exclusiva para a responsabilidade exercida polo 1º Tenente de Alcalde, Portavoz do Goberno e Concelleiro Delegado da área de Facenda, Mocidade, Turismo, Eurocidade e Participación Cidadá.

DIEGO LOURENZO MOURA  (BNG)

 

•          Dedicación exclusiva para a responsabilidade exercida pola 2ª Tenente de Alcalde e Concelleira Delegada das áreas de Persoal e Réxime Interior.

ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO (PsdG-PSOE)

 

•          Dedicación parcial para a responsabilidade exercida polo Concelleiro Delegado das áreas de Xardíns, Obras e Servizos Públicos.

JULIO VIEITEZ PARDELLAS (PsdG- PSOE)

 

Por último aprobouse, por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 en contra do Partido Popular, a creación dos postos persoal eventual correspondentes a Administrativa-secretaría da Alcaldía e Secretaría de prensa e comunicación.

 

 

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac