Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Ludoteca de verán celebra por sétimo ano consecutivo a festividade de San Fermín
A Ludoteca de verán celebra por sétimo ano consecutivo a festividade de San Fermín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Xullo 2019 11:09

Dado que este ano a festividade de San Fermín coincide en domingo, a Ludoteca do Concello de Verín adianta a súa tradicional celebración para mañá venres, de 11:00 a 13:00 horas. Máis dun centenar de  menores integrantes deste servizo de conciliación, coeducación e diversión. participarán nunha divertida xornada de xogos no colexio infantil Amaro Refojo.

Unha xincana con diferentes probas, intentar correr detrás do toro para colocarlle o rabo, dicir Pamplona coa boca chea de colacao ou saltar a comba e cantando a canción de San Fermín, son algunhas das probas preparadas para que os cativos pasen unha mañá divertida celebrando esta festividade. Para seguir coa tradición, on nenos e nenas irán vestidos de branco coa pañoleta vermella.

Esta iniciativa forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán destinadas a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores, con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos.

A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano son uns espazos destinados a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 13 e 10 e 14 anos, respectivamente, que se realizan nas instalacións dos Módulos do CEIP Amaro Refojo, Pavillón da Granxá e nas dependencias municipais da Casa da Xuventude e Salón de Actos da Casa da Cultura, organizados dende a área de Mocidade do Concello de Verín.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac