Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os camións de Verín tamén teñen entroido
Os camións de Verín tamén teñen entroido PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Xullo 2019 09:55

A vila de Verín acolle mañá sábado, ás 16:30 horas, o desfile de camións engalanados máis importante de Galicia, segundo os seus organizadores, os socios da asociación Agrutransve, que aglutina aos máis dun cento de transportistas da localidade.

Con motivo da próxima festividade do San Cristobo, patrón dos conductores e transportistas, os camioneiros de Verín engalanan os seus vehículos con motivos florais, vexetais e mesmo referentes á actualidade ou con diversos recursos.

Os propios camioneiros aseguran que se trata do evento destas características máis importante de Galicia, e que a propia empresa MANasí llelo recoñeceu o ano pasado premiando algunhas das súas iniciativas e levando a un dos vehículos de xira por toda España.


Este ano, o desfile partirá ás 16.30 horas da antiga lonxa agropecuaria, e dirixirase pola Avenida de Sousas ata as rúas centrais da vila.



 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac