Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Comedor social e lavandería, novos servicios externos do Centro de día de Verín
Comedor social e lavandería, novos servicios externos do Centro de día de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Xullo 2019 13:33

A partir do 15 de xullo, o novo centro de día do Concello de Verín Raiolaofrecerá dous novos e importantes servizos externos. Aproveitando instalación anexas as actuais, ofrecerá a posibilidade de que todas aquelas persoas con rendas baixas e que así o acrediten perante a oficina dos Servizos Sociais de Verín poidan acceder ao comedor social para xantar ou cear a un prezo máximo de 6 euros. Así mesmo, tamén estará a dispor de toda a cidadanía un completo e económico servizo de lavandería.

«Aínda que inicialmente non estaba previsto ofertar estes servizos para a cidadanía que non sexa usuaria deste centro de día, o Concello, dando resposta a numerosas peticións e consciente das necesidades económicas dalgunhas unidades familiares», explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

Os menús ofertados, que contarán cun primeiro prato, un segundo, postre, auga e café, estarán adecuados as diferentes patoloxías que acrediten os demandantes deste servizo, ademais de estar supervisados diariamente por un facultativo. A elaboración dos mesmos correrá a cargo da reputada chef Begoña Vázquez, propietaria dos restaurantes locais Souto das CandeasRegueiro da Cova.


Servicio de lavandería

Outra das novidades e o servizo de lavandería externo. Todas aquelas persoas que así o soliciten, sexan ou non usuarias do centro de día,  tamén terán ao seu dispor un completo servizo de lavado e secado por un prezo de 3,5 euros (unha colada máxima de 5 kg), do que poderán facer uso nos horarios establecidos ao efecto.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac