Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Inauguración da mostra “Galicia en fíos” na Sala de Exposicións de Verín
Inauguración da mostra “Galicia en fíos” na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Xullo 2019 20:12

Esta mañá tivo lugar na Sala de Exposicións de Verín a inauguración oficial da mostra “Galicia en Fíos” de Lorena Quintas Rejo, artista ourensá que padece unha discapacidade funcional visual total.

O acto contou coa presenza da concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, así como de usuarios e directivos de: Fundación para a Protección dos Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín, Asociación de Familiares e Enfermos Mentais (MOREA),  Centro de Día de Verín RAIOLA, Cruz Vermella, Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) e Centro de Servizos Socio-Culturais de Verín.

Na súa intervención, Emilia Somoza, quixo descacar que “como podemos ver nesta especial mostra, a arte non entende de barreiras. Así nolo demostra Lorena e a  súa obra mostrándonos  un complexo entramado  urdido entre fíos de  cores,  sentimentos, sensibilidades e naturalidade  que convida á vida".

Lorena Quintas padece desde moi pequena unha artrite, que nos últimos anos provocoulle unha discapacidade funcional visual total. Iso levouna a adaptar a súa vida ás súas novas condicións de funcionalidade.

Asistiu aos cursos de traballos manuais da ONCE, onde quedou cativada ao debuxar con fíos, utilizando como base un anaco de tela, papel ou madeira. Encontrou nesa actividade un espazo que lle permitía ser libre e no que podía desenvolver toda a súa inventiva. O Hobby, a paixón convertéronse, tempo despois, en profesión á que dedica unha parte importante da súa vida. Así xurdiu o proxecto Xogo de Fíos “un universo de artesanía para os sentidos tecido desde a creatividade”.

A mostra estará aberta ao público até o día 2 de agosto, en horario de 17:00 ás 20:00 horas.

A autora

A de Lorena Quintas Rejo é unha historia de loita persoal, tratando de demostrar que ningunha barreira pode impedirnos que academos os nosos obxectivos.

Desde o ano 2016, con obras do proxecto Xogo de Fíos realizou ducias de exposicións en cidades e vilas de Galicia. Na cidade de Ourense colgou en diversas salas, Casa da Xuventude ou Auriense, entre outras. En Santiago de Compostela, levou os seus cadros con éxito ao Centro Sociocultural O Ensanche e ao Centro Cívico A Trisca. Percorreu, tamén, diversas vilas desta provincia, como Carballiño (Casino), Barbadás (Casa da Cultura), Allariz (Roi Xordo, A Fábrica), Celanova (Fundación Curros Enríquez) ou Ribadavia (Casa da Xuventude). Tamén mostrou os seus cadros en Monforte de Lemos, Chantada, Arzúa, Sober e Ferreira de Pantón.

Ademais de exposicións, Lorena Quintas ten realizado obradoiros para ensinar os procedementos que utiliza no proxecto Xogo de Fíos no Centro de Información á Muller de Chantada, na COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ou en MOREA (Asociación de Familiares y Enfermos Mentales), entre outras entidades de acollida.

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac