Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O pleno de Verín aproba provisionalmente o orzamento xeral para o exercicio 2019
O pleno de Verín aproba provisionalmente o orzamento xeral para o exercicio 2019 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Xullo 2019 11:24

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:



1.- APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  EXTRAORDINARIA DE DATA

24/06/2019

2.- DAR CONTA DA ADSCRICIÓN DOS MEMBROS DOS GRUPOS POLÍTICOS ÁS COMISIÓNS INFORMATIVAS

3.- Expediente 3303/2019.CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN CULTURAL AUDIOVISUAL VÍA XIV-FESTIVAL INTERNACIONAL CURTAMETRAXES

4.- Expediente 2034/2019. APROBACIÓN DO ORZAMENTO XERAL MUNICIPAL EXERCICIO 2019

5.- Expediente 33/2019. CESIÓN INMOBLE Á COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE ÁBEDES (TERREO  CENTRO SOCIAL DE

ÁBEDES

6.- DAR CONTA DO PLAN ANUAL DE CONTROL FINANCEIRO 2019

7.-DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 17/04/2019 ATÉ O 07/07/2019, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

8.- INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

9.- ROGOS E PREGUNTAS

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria e dar conta da adscrición dos membros dos grupos políticos ás comisións informativas, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a aprobación do convenio de colaboración entre o Concello de Verín e a Asociación Cultural Audiovisual Vía XIV.

Neste acordo, que foi aprobado por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, establécense as bases para  a realización do F.I.C. Vía XIV de Verín (Festival Internacional de Curtas) outorgando unha cooperación financeira municipal por importe de 50.000,00 €.

Seguidamente o pleno acordou  -con 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular- aprobar  provisionalmente o Orzamento Xeral municipal para o exercicio  de  2.019, que ascende no seu Estado de Ingresos á cantidade total de 10.872.814,04 euros  e no seu Estado  de Gastos a cantidade  total  de 10.862.310,85 euros, presentando, así pois,  un  superávit  inicial,  por contía  total  de 10.503,19 euros.

Resumo por capítulos: 

ESTADO DE INGRESOS DO ORZAMENTO XERAL DO EXERCICIO 2.019


ESTADO DE GASTOS DO ORZAMENTO XERAL DO EXERCICIO 2.018


En canto ao Estado de Ingresos do Orzamento Xeral para o exercicio 2.019,  podemos observar unha tendencia á estabilidade, incrementándose unicamente os  recursos municipais debido  á existencia de novas fontes  de ingresos, procedentes  das recentes  reorganizacións administrativas e de novos servizos municipais postos en marcha  por este equipo de goberno na súa aposta pola  remunicipalización e a xestión directa de servizos públicos fundamentais para  a cidadanía, diminuíndo notablemente o financiamento externo e a  dependencia do  apoio  procedentes doutras  institucións ou Administracións Públicas.

Pola súa banda, o  gasto municipal  previsto   para   este exercicio  2.019  pretende  satisfacer  as  necesidades que  se consideran prioritarias para  o Municipio, entre  as que  se atopan as axudas sociais, apoio  aos colectivos que  desenvolven un  importante labor social, creación dun tecido cultural de base  e os investimentos que  repercutan directamente no  benestar da cidadanía, sempre baixo o principio de fuxir dos proxectos  megalómanos e de atender ás necesidades reais dos veciños.

É necesario destacar que, como así o corrobora o informe favorable emitido polo interventor municipal,  o  gasto previsto   para   este exercicio  2.019   deseñouse para  posibilitar un  rigor orzamentario que  faga posible o cumprimento  de     os obxectivos  de estabilidade    orzamentaria,  regra  de gasto  e sustentabilidade  financeira,  ademais de dar    cumprimento  a     os obxectivos  básicos de pago  a provedores nos períodos de tempo máximos establecidos pola normativa sobre morosidade do sector público.

Tamén foi aprobado por unanimidade cesión do inmoble onde se encontra actualmente o Centro Social da Comunidade Veciñal de Ábedes á Comunidade de Montes Veciñais en Mano Común de Ábedes.

Finalmente o pleno deu conta do plan anual de control financeiro 2019, así como dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 17/04/2019 até o 07/07/2019.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac