Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas BAIUCA Live Band A/V Show, prato forte da Batucada de Verín
BAIUCA Live Band A/V Show, prato forte da Batucada de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Xullo 2019 13:30

O 26 e 27 de xullo celebrarase a Batucada de Verín 2019. Serán dúas xornadas cheas de música, auga e festa para todas as idades. Así o confirmou esta mañá Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos.

A festa comezará o venres ás 11:00 horas co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada”. a temática elixida este ano son os super heroes e super heroinas. O percorrido comezará no CEIP Amaro Refojo e irá por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa dá Cruz e Praza  García Barbón, para terminar coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12:00 horas, no CEIP Amaro Refojo.

Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas, é o turno da “Festa Acuática na Praia fluvial” para que os cativos, e os que non o son tanto disfruten xogando coa auga. Nesta ocasión contaremos con animación musical, inchables de terra e auga. O Grupo Atenas cerrará a xornada do venres cunha actuación na Praza García Barbón ás 23.45 horas.

Como non podería ser doutra maneira, a auga e a espuma serán os principais protagonistas da batucada. O sábado 28, ás 17:00 horas , celebrarase na Praza García Barbón, coa animación a cargo de Discomóbil A Gramola, a gran “Festa da escuma e da auga”. Ás 19:15 horas, comezará o “Desfile Pasarrúas da Batucada” que sairá da Praza Maior e continuará pola Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno rematando no Pavillón dos Deportes de Verín. Este ano, o desfile contará coa presenza da batucada Trópico de Gelos (Santiago de Compostela) e da Charanga Támega.  Ao remate do desfile, na Rúa Irmáns Moreno, Enjoy DiscoMóbil Jorge será a encargada da animación musical.

O prato  forte de está edición correrá a cargo de  BAIUCA  Live  Band A/V Show, proxecto musical capitaneado por Alejandro Guillán, “Alex Casanova”  que axunta sons propios da tradición galega coa música electrónica máis vangardista.  Baiuca é un proxecto moi persoal que tenta achegar a tradición galega á electrónica. Instrumentos como  cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais; asócianse con  sintetizadores, caixas de ritmo e programacións. Unha mestura de  sonoridad máis pura de proxectos como Luar na Lubre, Milladoiro, Carlos  Nuñez ou  Treixadura como da perspectiva  floktrónica  Nicola Cruz,  Four  Tet,  Satoro ou  Nicolas  Jaar, entre outros. O espectáculo terá lugar o sábado, ás 00:00 horas, na Praza García  Barbón.

Doutra banda, Somoza explicou que, coma o ano pasado, manterase o  acordo cos hostaleiros para evitar o conflitivo uso de vasos de cristal na Batucada e evitar altercados. “ofrecemos aos establecementos a oportunidade de instalar barras na rúa para que poidan servir bebidas en vasos de plástico”.

 MERCHANDISING BATUCADA 2019

 Emilia Somoza confirmou tamén que, a partir da próxima semana, estarán á venda na tenda oficial da Batucada (Praza García Barbón) as camisetas e fundas impermeables oficiais da batucada 2019 – en horarios de 18:00 a 21:00 horas -cos seguintes prezos:

• Camisetas: 10 euros

• Fundas impermeables: 3 euros

• Mochilas: 3 euros


 

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac