Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A banda de gaitas de Verín será embaixadora da Eurocidade Chaves-Verín na fronteira de Alemaña e Polonia.
A banda de gaitas de Verín será embaixadora da Eurocidade Chaves-Verín na fronteira de Alemaña e Polonia. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Xullo 2019 14:38

A AECT Eurocidade Chaves-Verín foi convidada pola Eurocidade Frankfurt Oder – Slubice (Alemaña – Polonia) a participar nun evento de hermanamento entre as diferentes culturas de Europa que terá lugar do 12 ao 15 de xullo.


Para esta actividade, a Eurocidade Chaves-Verín conta coa colaboración da banda de gaitas do Concello de Verín que serán acompañados pola concelleira de Cultura do Concello de Verín, Emilia Somoza Basalo, e dous membros do equipo técnico da Eurocidade Chaves – Verín. A comitiva comezaba o viaxe esta mañá dende a praza do Concello de Verín.

Para o ente transfronteirizo é importante poder proporcionar oportunidades aos mozos e mozas de Chaves-Verín xerando vínculos con outros mozos e mozas doutras fronteiras europeas. Deste xeito se busca favorecer o intercambio e a interacción cultural, o crecemento persoal e a posibilidade de por en valor os diferentes aspectos endóxenos propios da Eurocidade Chaves-Verín.

No transcurso dos días na Eurocidade Frankfurt Oder – Slubice os representantes da banda de gaitas do Concello de Verín serán recibidos polo alcalde de Frankfurt Oder (Alemaña) e o alcalde de Slubice (Polonia). Ademais serán convidados a participar nun evento con en diferentes actividades culturais  que contará coas actuacións musicais doutras áreas de fronteira europea como Suecia - Finlandia ou Ucrania - Polonia.

Ambas eurocidades xa veñen colaborando en diferentes proxectos europeos, como un URBACT en 2009, ou un seminario internacional de intercambio de experiencias en cooperación transfronteiriza, no marco do  programa de cooperación Alemaña – Polonia o pasado mes de decembro. Neste marco, o Director Executivo da AECT Eurocidade Chaves-Verín, Pablo Rivera, levou a cabo un taller de gobernabilidade transfronteiriza para territorios de baixa densidade de poboamento.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac