Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude fomenta un curso de conversa en lingua española na Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verin.
O Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude fomenta un curso de conversa en lingua española na Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verin. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Xullo 2019 10:58

O Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ) - Dirección Rexional do Norte, no marco do proxecto Eurocidade 2020, aprobado polo programa INTERREG V-A España 2014-2020, fomentará a realización do curso de conversa de lingua española impartido pola Asociación Empresarial Alto Támega (ACISAT).

O curso terá unha duración de 50 horas e realizarase entre os días 22 de xullo e 7 de agosto, de luns a venres, de 14h00 a 18h00, na Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verin (Avda. Portugal, Feces de Abaixo - antigo edificio aduaneiro).

Este curso é gratuíto e está dirixido a mozos e mozas de Galicia e do norte de Portugal con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos coa educación obrigatoria completada. Búscase chegar a estudantes, desempregados, mozos en busca do seu primeiro emprego, traballadores do sector turístico e da hostalería...

Entre os contidos do programa podemos atopar conversacións sobre información persoal, a vida cotiá, compras, transporte e servizos ou lugares de interese turístico e actividades de lecer.

A inscrición está limitada a un máximo de 20 participantes e está aberta ata o 17 de xullo na seguinte dirección https://www.surveymonkey.com/r/MY7P8MM

Para máis información, os mozos e mozas interesados deberán contactar cos servizos do IPDJ da Dirección Rexional do Norte a través das seguintes direccións de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac