Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal organiza as Xornadas da Xuventude da Eurocidade Chaves-Verín
A Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal organiza as Xornadas da Xuventude da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Xullo 2019 12:58

A Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal (FNAJ) celebrará os días 26 e 27 de xullo as Xornadas da Xuventude da Eurocidade Chaves-Verín. Esta actividade reunirá na cidade de Chaves a entre 50 e 70 membros de asociacións xuvenís do Norte de Portugal e de Galicia.


Estas xornadas terán como foco a discusión da participación dos mozos e das mozas no desenvolvemento das Euro-regions, así como o espírito empresarial e o novo emprego, analizando áreas estratéxicas para a intervención de asociacións xuvenís no marco europeo e na área de Eurocidade de Chaves-Verín.

A inscrición, que inclúe comidas, aloxamento e certificado de participación, é limitada e gratuíta para cada asociación ata un máximo de dous representantes. Poderase realizar a través do formulario online que se atopará na páxina web da Eurocidade Chaves – Verín ata o vindeiro 17 de xullo. ( http://cort.as/-LGFC )

Esta acción está a ser realizada no marco do proxecto EUROCIDADE 2020, aprobado polo programa INTERREG VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, co cofinanciamento FEDER. Dito programa ten como beneficiarios á FNAJ, á AECT da Eurocidade Chaves-Verín, á Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta da Galicia, ao Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ), á Fundación Galicia Europa e aos municipios de Chaves e Verín.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac