Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade Chaves Verín lanza o sea primeiro transporte transfronterizo
A Eurocidade Chaves Verín lanza o sea primeiro transporte transfronterizo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 Agosto 2019 17:02

Esta mañá, a sede da AECT  Chaves-Verín acolleu o acto inaugural do primeiro   Transporte Urbano Transfronteirizo  Chaves-Verín ( TUT). O novo servizo foi presentado  polo presidente da Cámara de  Chaves e presidente da  Eurociudad, Nuno  Vaz, o alcalde de Verín e director do ente transfronteirizo, Gerardo Seoane, e o director técnico da AECT, Pablo Rivera. Ao finalizar a presentación, o novo transporte urbano quedou inaugurado realizando a súa primeira viaxe ata  Chaves.

O Transporte Urbano Transfronteirizo  Chaves-Verín ( TUT) ten como obxectivo poñer ao dispor dos  eurociudadanos un servizo de transportes  discrecional nos días de maior necesidade de mobilidade transfronteiriza, concretamente, nos días de feira das cidades de  Chaves e Verín e nos días de realización dos principais eventos dos dous municipios. Este servizo é gratuíto.

Con esta iniciativa pioneira na fronteira luso-española a AECT  Eurociudad  Chaves-Verín pretende medir a demanda do transporte por parte dos  eurociudadanos co obxectivo de avaliar o uso dunha futura  linea regular de transporte entre  Chaves-Verín.

A  aquisición dos billetes ocorre da seguinte forma: poderán solicitar o seu billete  online a través da páxina web da  Autoviação  do  Tâmega ( avtamega. com). Os billetes tamén poderán ser adquiridos no propio bus ao comezo do servizo e durante a parada intermedia na sede da  Eurocidade, se houbese dispoñibilidade de prazas.

Esta acción desenvólvese no ámbito do proxecto  EUROCIDADE_2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal2014-2020 (POCTEP), con cofinanciamento do FEDER.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac