Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Verín, enclave de gaita”comezou hoxe a súa programación coa inauguración dunha exposición no Museo Claustro Mercedario.
“Verín, enclave de gaita”comezou hoxe a súa programación coa inauguración dunha exposición no Museo Claustro Mercedario. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Agosto 2019 12:44

Hoxe, 6 de agosto, inaugurábase no Museo Claustro Mercedario a actividade “Verín, enclave de gaita”, unha proposta que revela a orixe da gaita e achega a súa historia a esta vila que, por tradición, contou sempre entre os seus veciños cun gran número de gaiteiros e amantes deste instrumento.

No acto inaugural abríase ao público a principal actividade deste programa, unha exposición cedida por D. Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense. El mesmo foi o encargado de ofrecer aos asistentes unha visita guiada mostrando os  exemplares expostos  de gaitas primitivas procedentes de todo o mundo e mostras iconográficas únicas que dan boa fe da importancia, extensión e tradición popular deste instrumento.

A programación continuará mañá ás 19.30 horas, coa actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín na Praza da Merced. Seguidamente, Xosé Lois Foxo, director da Escola Provincial de Gaitas, ofrecerá unha conferencia sobre a gaita primitiva, ás 20.15 horas no Salón de Actos do Colexio de Nuestra Señora de la Merced.

Unha das pezas clave presentes na exposición son os músicos do retablo do Santuario dos Remedios (gaiteiro, tamborileiro e pandereteira) datados do ano 1625 e que foron cedidas polo Obispado de Ourense xusto despois da súa recente restauración. Pezas únicas polo seu valor historiográfico tanto do instrumento como da vestimenta da época.

Ao acto inaugural acudían, ademais do propio Xosé Lois Foxo, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e a Concelleira de Cultura, Emilia Somoza. Os representantes do Concello destacaron que “a  identidade é un factor clave para a construción do futuro. É por iso que programacións como “Verín, enclave de gaita”, ou o resto das comprendidas entorno a este Museo Claustro Mercedario, son fundamentais e necesarias para a posta en valor da nosa historia e da nosa vila.” Así mesmo, o alcalde de Verín quixo agradecer a súa colaboración tanto á Escola Provincial de Bandas de Gaitas como ao Obispado de Ourense.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac