Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello De Verín presenta a app de Realidade Aumentada “Time Trip Caldeliñas”.
O Concello De Verín presenta a app de Realidade Aumentada “Time Trip Caldeliñas”. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Agosto 2019 10:57

Esta mañá, o Concello de Verín presentou no Balneario de Caldeliñas a app de realidade aumentada “Time Trip Caldeliñas”, deseñada pola empresa Xoia Software Developement, que reconstrúe con animacións en 3D o Balneario de Caldeliñas no seu momento de maior esplendor.

O acto de presentación correu a cargo do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e do tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, quen acompañados de Xoel Vázquez e Cristina García Souto, director executivo e directora de proxectos de Turismo e Cultura da empresa Xoia Software  Development, mostraron aos medios de comunicación  presentes o funcionamento desta innovadora aplicación.


Os representantes municipais, tras felicitar aos creadores de aplicación polo seu “gran traballo” destacaron a “gran potencialidade” que ten esta  tecnoloxía para “democratizar a cultura e o coñecemento, permitindo a calquera usuario viaxar ao pasado  e coñecer de maneira rigorosa a vez que divertida  enclaves de especial interese histórico utilizando tan só o seu terminal móbil”.

“Time  Trip  Caldeliñas” é unha aplicación gratuíta interactiva baseada na Realidade Aumentada que posibilita, a través do móbil ( smartphone) ou mesmo unha  tablet, reconstruír o pasado sobre o que estamos a ver en tempo real. Utilizando un sistema de  peanas, recreacións 3d e completas informacións explicativas,  permítenos -con tan só un xesto- trasladarnos a  través das distintas estancias e escenas da vida diaria do  histórico Balneario de  Caldeliñas a principios de século.

Segundo explican os seus desarrolladores, “trátase de traer o pasado ao presente de forma viva, ofrecendo un produto con rigor histórico, que dea un paso máis no entretemento turístico-cultural, supoñendo, ademais, un aforro en custos e mantemento ao reducir a infraestrutura necesaria para  musealizar o xacemento ou aumentar o valor engadido da visita aos monumentos da túa cidade.”

Time  Trip  Experience

Xoia Software  Developement aplica a realidade aumentada para revivir xacementos arqueolóxicos, monumentos, zonas monumentais dunha cidade e outros elementos turísticos e/ou culturais. Con iso crean unha experiencia visual, lúdica e didáctica que cambia o concepto actual de visita guiada.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac