Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Verín, enclave de gaita” continúa coa súa programación na procura de achegar o mundo da gaita á vila.
“Verín, enclave de gaita” continúa coa súa programación na procura de achegar o mundo da gaita á vila. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Agosto 2019 12:17

Onte, 7 de agosto, continuaba a programación da actividade “Verín, enclave de gaita” cunha actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín seguida dunha conferencia sobre a iconografía da gaita da man de Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas.

A actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín deu o toque musical a esta velada en torno á gaita e serviu de escaparate para a peza que encabeza a exposición principal do programa, o gaiteiro do retablo de Santuario de Vilamaior do Val. Os membros desta agrupación visten un traxe inspirado nesta figura tan emblemática, un feito que moitos veciños e veciñas descubriron grazas a esta actividade.

Ao remate da actuación, os asistentes puideron asistir a unha conferencia acerca da iconografía da gaita impartida por D. Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense. A través das imaxes recollidas nas investigacións deste mestre gaiteiro puidemos facer un percorrido pola historia da gaita e indagar sobre a súa orixe e evolución.

A exposición “Verín, enclave de gaita” sumou máis de 200 visitantes nos seus dous primeiros días aberta ao público e permanecerá exposta durante os vindeiros meses no Museo Claustro Mercedario de Verín. Xurde como froito da colaboración entre o Concello de Verín, a Escola Provincial de Gaitas de Ourense e o Obispado de Ourense, tres institucións que unen forzas coa pretensión de achegar a historia deste instrumento a unha comarca que, por tradición, foi sempre un enclave de referencia dentro do mundo da gaita.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac