Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O cartel ilustrador do FIC Vía XIV 2019 inspírase no concepto da emigración, un dos eixos temáticos do certame
O cartel ilustrador do FIC Vía XIV 2019 inspírase no concepto da emigración, un dos eixos temáticos do certame PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Agosto 2019 11:57

O cartel ilustrador do Festival Internacional de Curtas (FIC Vía XIV) de Verín 2019 foi presentado esta mañá na vila do Támega por Carlos Montero, director do certame, xunto a Emilia Somoza, concelleira de Cultura de Verín; Jorge Godás, responsable de Creatividade e Multimedia do festival; e José Antonio Velasco, autor do mesmo.  Trátase dun deseño deste creativo publicitario cunha dilatada experiencia nos eidos da publicidade e da comunicación.

Tal e como apuntou Carlos Montero durante a presentación da imaxe gráfica do certame, o concepto creativo “está inspirado nunha fonda fenda da nosa terra: a da emigración, a da busca desesperada dunha oportunidade”. Precisamente, o da Emigración é un dos eixos temáticos arredor dos cales o FIC Vía XIV sustenta a súa programación (xunto aos de Entroido e Fronteira).

Baixo a denominación Soños ao voo, o deseño realizado para a cuarta edición do festival verinés representa a abstracción dunha inmensa bandada de paxaros nos seus ciclos de migración. Con isto quérese, tamén, en certo modo representar o carácer integrador do FIC, ao preseleccionar cada ano máis dun milleiro de pezas cinematográficas procedentes de todos os recunchos do planeta, “que cargan nas súas ás soños de gloria”, tal e como destaca o autor do deseño, José Antonio Velasco. “Como antes o fixeron os galegos naqueles tempos difíciles”, abonda.

Xunto a isto, a forma dos focos de luz plasmada no deseño fai referencia ao número da edición, a cuarta. Precisamente, ao respecto da nova edición do certame, que se celebrará entre o 30 de novembro e o 8 de decembro, Carlos Montero quixo lembrar que o prazo para a recepción de curtas permanece aberto e que as bases para a participación no Festival poden consultarse na web www.ficviaxiv.com.


Sobre o autor

O autor do cartaz ilustrativo da nova edición do FIC, constituíu en 1988 en Madrid a firma Línea Mayor, un estudo creativo para dar servizo tanto ás grandes axencias de publicidade (Tapsa, Euro RSCG o Wunderman) como a clientes directos (Aresbank, Auxini, Real Madrid C.F.).

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac