Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Yoga ao aire libre no Parque da Alameda de Verín.
Yoga ao aire libre no Parque da Alameda de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Agosto 2019 12:16

O vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 10.00 horas, o Parque da Alameda de Verín acollerá a actividade "Yo, Yoga", organizada dentro do programa +Deporte do diario La Región.

Trátase dunha experiencia que pretende achegar o yoga e o deporte a todos os públicos mediante a realización deste tipo de xornadas ao longo de toda a provincia. Unha forma de incentivar a aproveitar o verán facendo exercicio ao aire libre, algo que nos aporta grandes beneficios para a saúde tanto física como mental.
Os participantes deberán levar consigo a súa propia esterilla e moitas ganas de aprender, facer as diferentes posturas, disfrutar e relaxarse.
A participación na actividade é de balde pero será necesario inscribirse previamente na seguinte direción: https://masdeporte.laregion.es



 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac