Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A exposición “Verín, enclave de gaita”superou xa as 700 visitas dende a súa apertura.
A exposición “Verín, enclave de gaita”superou xa as 700 visitas dende a súa apertura. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Agosto 2019 12:07

A exposición “Verín, enclave de gaita”, que se encontra exposta no Museo Claustro Mercedario de Verín, recibiu máis de 700 visitantes  nos seus dez primeiros días aberta ao público. Dende o pasado 6 de agosto, aqueles curiosos que se achegan ata o Museo poden gozar dunha mostra iconográfica única e observar exemplares de gaitas primitivas interpretados e expostos para achegarnos á historia deste instrumento.

“Verín enclave de gaita” é un proxecto fomentado polo Concello de Verín que busca desvelar a historia da gaita e achegala a unha vila que, por tradición, contou sempre cun gran número de gaiteiros e amantes deste instrumento entre os seus veciños.

Dentro do programa incluíronse xa diferentes actividades como unha visita pola exposición que foi guiada polo propio Xosé Lois foxo, director da Escola Provincial de Bandas de Gaitas; un concerto da Banda de Gaitas do Concello de Verín e unha conferencia sobre a iconografía da gaita impartida tamén por D. Xosé Lois Foxo.

As actividades continuarán proximamente coa presentación dun ensaio, escrito por Ruth Foxo, que recolle unha ruta polas gaitas que forman a mostra exposta no Museo Claustro Mercedario e que foi editada polo Concello de Verín.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac