Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os cativos e cativas do campamento do Albergue “A Vilavella” comezan hoxe a súa aventura.
Os cativos e cativas do campamento do Albergue “A Vilavella” comezan hoxe a súa aventura. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Agosto 2019 13:30

Hoxe, 20 de agosto, ás 10.00 horas, partían dende o Concello de Verín os 50 cativos e cativas participantes na primeira quenda do campamento do Albergue “A Vilavella” que terá lugar no albergue da estación de ferrocarril de Vilavella, situado en A Mezquita, entre o 20 e o 26 de agosto.

Por segundo ano consecutivo, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín organiza este campamento infantil cuxo obxectivo é o de fomentar o respecto pola natureza e o medio ambiente nos menores, valorizar a importancia da reciclaxe e promover a convivencia mediante actividades lúdicas e educativas como tirolina, ponte tibetana, escalada en rochódromo, tiro con arco, obradoiros etnográficos da zona, xeocaching con GPS e piscina, entre outras

Nesta primeira quenda participan os menores nacidos nos anos 2007-08-09. Na segundo quenda, que terá lugar do 26 de agosto ao 1 de setembro,  será o turno dos nados en 2004-05-06.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac