Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “A historia de Verín en 100 obxectos”, unha obra obra para definir a identidade cultural da comarca de Monterrei.
“A historia de Verín en 100 obxectos”, unha obra obra para definir a identidade cultural da comarca de Monterrei. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Agosto 2019 11:52

O Concello de Verín presenta a obra “Historia de Verín en 100 obxectos”, unha iniciativa que pretende contar, dunha maneira diferente, a longa historia común e as particularidades dos oito concellos que forman a comarca de Monterrei a través de 100 obxectos que definen a súa identidade cultural.

Unha idea que parte da publicación “A history of the world in 100 objects” do British Museum e que nos achega non só as diferentes etapas históricas, senón tamén a aspectos da  economía, a sociedade, os ciclos festexos, os persoeiros, a vida cotiá, o arte...


Todo isto materializado nun cento de pezas mobles que os simbolizan e que aparecen moi ben explicadas por Alberte Reboreda Carreira e Nieves Amado Rolán, autores do libro e perfectos coñecedores da comarca de Monterrei e da súa capitalidade

A partir da vinderia semana aqueles que queiran coñecer esta interesante visión da comarca poderán achegarse ata o Museo Claustro Mercedario ou a Biblioteca Municipal de Verín para adquirir o seu exemplar.

Verín conta hoxe en día cunha estudada oferta divulgadora dos elementos que conforman a súa identidade, dende os seus prezados balnearios ata os elementos arqueolóxicos ou enolóxicos que alberga o Museo do Claustro Mercedario. Este libro, “A historia de Verín en 100 obxectos”, é unha obra magna, erudita e accesible que pretende facer gozar aos lectores dunha achega ao noso pasado á vez que axuda a que cadaquén constrúa a súa propia lista de obxectos definitorios da súa historia e identidade persoal.

“A historia de Verín en 100 obxectos” ven a ser a pedra mestra dun proxecto que ten como fin a recuperación e posta en valor da identidade cultural da vila e da comarca. En palabras de Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín, “a identidade é o factor clave na construción do noso futuro como cidade e como comarca. Con ela, teremos unha columna vertebral que nos axudará a camiñar erguidos cara o noso futuro.”

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac