Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O festival Extruga Street enche Verín de música e arte urbano.
O festival Extruga Street enche Verín de música e arte urbano. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Agosto 2019 18:45

O festival Extruga Street comezou hoxe, 30 de agosto, a súa terceira edición na vila verinesa. Trátase dun evento de carácter urbano que engloba música, arte e deporte e que está organizado pola Asociación LongoDub e o Concello de Verín.

Pola mañá, os cativos e cativas da Ludoteca e do Campamento Urbano do Concello de Verín puideron gozar dun obradoiro de graffitis no que, entre todos, decoraron un muro do exterior da Piscina Climatizada de Verín.

Pola tarde, na Praia Fluvial, realizouse un obradoiro de slackline, un de decoración de gorras e unha batalla de regueifas na que participaron numerosos mozos e mozas.

Pola tarde, a partir das 21.15, é a quenda das actuacións musicais que inclúen a varios artistas locais. Os organizadores queren resaltar a importancia destas iniciativas que apoian o talento da vila e serven de plataforma para darlle visibilidade e fomentar o seu crecemento.

Mañá será o prato forte do festival. As actividades trasladaranse á zona do Skate Park de Verín e durante o día celebrarase unha xuntanza  de Scooter e outra de BMX e un obradoiro de rap ofrecido pola Asociación Vella escola de Santiago de Compostela.

Pola noite volverán os concertos no recinto da Lonxa Agropecuaria, na mesma zona do Skate Park, e o público poderá gozar de destacados artistas como Dakidarría, Sara Lugo, J-Dose e Skandalo GZ.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac