Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín organiza un curso de interpretación teatral da man do actor verinés Santiago Cañaveral.
O Concello de Verín organiza un curso de interpretación teatral da man do actor verinés Santiago Cañaveral. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Setembro 2019 10:19

O actor verinés Santiago Cañaveral, en colaboración coa Área de Cultura do Concello de Verín, impartirá un curso de teatro na vila buscando achegar o sétimo arte a mozos e adultos. Os eixos principais serán a expresión corporal e a interpretación, coa orientación da superación dos bloqueos emocionais. Pretendese conseguir traspasar eses medos e que o actor coñeza o seu propio corpo como instrumento fundamental para o método interpretativo.

Santiago Cañaveral, o  responsable do curso, xa impartiu unha actividade así para o Concello de Verín dende o mes de marzo ata o de xuño deste ano. Ante a boa acollida e a petición dos alumnos, decidiuse agora organizalo de xeito anual. As clases comezarán no mes de outubro e durarán ata o vindeiro mes de xuño.

A finalidade do curso, ademais de buscar a profesionalidade do actor, é a de crear persoas espertas superando os muros emocionais e os bloqueos impostos pola censura social e os prexuízos. Segundo o profesor, “a idea é que o alumno constrúa a súa propia burbulla creativa”.

As persoas de 12 a 18 anos estarán nos grupos de mozos que terán un máximo de 6 alumnos. Os grupos dos adolescentes estarán formados por aqueles que teñan entre 13 e 18 anos e os  maiores de 18 formarán os grupos dos adultos. Estes dous últimos estarán compostos por un mínimo de 6 alumnos e un máximo de 12.

As clases celebraranse os venres e os sábados en horarios por determinar en función da cantidade de grupos que  se formen. Repartiranse do seguinte xeito: dúas horas de clase para os adultos (1 hora de expresión corporal e 1 hora de interpretación), catro horas de clase para os adolescentes (2 horas de expresión corporal e 2 de interpretación) e dúas horas para os máis mozos (xogos escénicos baseados en película infantís e personaxes famosos e históricos).

Os interesados e interesadas deberán preinscribirse antes do 22 de setembro no teléfono 600234318. As inscricións finais faranse entre o 22 e o 29 de setembro.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac