Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A obra teatral "Curva España" chega a Verín.
A obra teatral "Curva España" chega a Verín. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Setembro 2019 13:58

O vindeiro sábado, 28 de setembro, ás 21.00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a representación da obra "Curva España". Baixo a dirección de Xron, os actores Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco representarán esta obra que xorde entre a realidade e a ficción, entre a historia e a lenda e entre a pantalla e o escenario.


A estraña morte do enxeñeiro España, principal valedor de que o tren pasase por Verín, foi a orixe dunha lenda local que se transmitiu oralmente entre os veciños da comarca nos últimos 100 anos e que acusaba aos caciques da zona de simular un accidente de coche para asasinalo e preservar así os seus escuros intereses económicos.

“Curva España” trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, a compañía Chévere artella unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.

As entradas para acudir á representación están xa á venda en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-de-verin/10416--chevere-presenta-curva-espeana.html

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac