Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín preparase para celebrar a V Feira da Cervexa Artesá e da Artesanía Medieval.
Verín preparase para celebrar a V Feira da Cervexa Artesá e da Artesanía Medieval. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Setembro 2019 11:52

Cartel Feira Cervexa Onte, 4 de setembro, o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostelería, Manuel Lorenzo Feijóo, e o director de ADICCAG  (Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá de Galicia), Pablo Casanova, presentaron na casa consistorial o programa da V Feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval. Esta actividade organizada por ADICCAG, coa colaboración do Concello de Verín, terá lugar os  vindeiros días 13, 14 e 15 de setembro na Praza Maior verinesa.


Manuel Lorenzo destacou durante a presentación a importancia que o Concello de Verín da a estas iniciativas que “fomentan a artesanía e gastronomía local á vez que activan e dinamizan a vida nas rúas de Verín” Do mesmo xeito quixo resaltar a labor dos organizadores e agradecer o seu esforzo e implicación con estas actividades.

Segundo explicou o director de ADICCAG, nesta edición da feira estarán presentes os seguintes artesás: Cervezas La Castiza, Celebridade Galega Ecolóxica, Cerveza Monte Rei, Cerveza Internacional Agneta´s. Cerveza Santa Caribe, Hidromel Ambrosía e Cerveza La Verbena. Ademais, este ano ampliase a oferta gastronomía e contarase con polbo con patacas, mexillóns ao vapor, empanadas galegas e pratos de embutidos de porco celta e queixo preparados por un cortador profesional.

A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo popular de 2 euros a cana máis un vaso conmemorativo polo prezo de 1 euro. Tamén estarán dispoñibles botellas e packs para a venda.

A Banda de Gaitas do Concello de Verín amenizará a xornada da inauguración do venres e o sábado pola tarde contarase tamén cunha actuación musical. Os máis cativos poderán gozar de inchables durante os horarios de apertura da feira que serán os seguinte: venres de 19.00 a 00.30 horas, sábado de 11.00 horas a 00.30 horas e domingo de 11.00 a 21.00 horas.

Durante o festival haberá un percorrido cervexeiro no que se lle entregará ao participante unha papeleta que deberá cubrirse cos selos dos seis fabricantes cervexeiros. Os participantes terán os 3 días para completar a papeleta. O domingo, ás 20:00 horas, realizarase un sorteo entre todos aqueles que completaran o cartón.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac