Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acollerá a primeira parada de O Camiño Inmersivo.
Verín acollerá a primeira parada de O Camiño Inmersivo. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Setembro 2019 12:01

Camiño Inmersivo O Camiño Inmersivo é unha proposta cultural baseada do cinema inmersivo que se estrenará o vindeiro sábado, 7 de setembro, en Verín. É un proxecto que visitará varias localidades galegas como unha proposta cultural enmarcada dentro das actividades vencelladas á promoción do vindeiro Xacobeo 2021

En cada parada, O Camiño Inmersivo dará a oportunidade aos visitantes de participar nunha viaxe no tempo que os mergullará no misticismo das lendas que salpican o Camiño de Santiago. En Verín levaranse a cabo as seguintes inmersións:

1. Cabina de contexto - Praza García Barbón - 11.00 horas

2.Porta Máxica - Tramo de entrada do Camiño de Santiago a Verín - 16.00 horas

3. Portal do tempo - Praza da Merced - 19.00 horas

As dúas primeiras actividades serán gratuítas e de libre acceso e terán unha duración de aproximadamente 20 minutos. A terceira, a gran inmersión, ten un custo de 30€ e unha duración de dúas horas. Unha inmersión é una nova forma de vivir a ficción en primeira persoa, mergullándote nunha historia como protagonista da mesma.

A historia na que os participantes serán absorbidos como personaxes estará guiada por actores profesionais. Non se poden desvelar os detalles, pero sí que coñecerán a un científico tolo, a peregrinos de todas as épocas e incluso ao mesmísimo Alfonso II.

Seredes quen de evitar unha catástrofe no pasado e salvar así o noso futuro?



 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac