Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os nenos e nenas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despediron hoxe o seu verán cunha festa de disfraces.
Os nenos e nenas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despediron hoxe o seu verán cunha festa de disfraces. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Setembro 2019 12:29

Clausura Ludoteca 2019 Hoxe, 6 de setembro, rematou o servizo da Ludoteca de verán e o Campamento Urbano que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Trátase de dous proxectos destinados a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo  de lecer dos menores con idades comprendidas entre os 3 e 13 e 10 e 14 anos, respectivamente. Este ano comezou o día 25 de xuño e contou con máis de 215 menores inscritos.

Para clausurar este verán, os pequenos participaron nunha divertida festa de disfraces nas instalación de A Granxa. Os cativos e cativas gozaron entre xogos, música e pinturas para despedirse ata o vindeiro ano.

Durante a celebración, Unai Justo recibiu un diploma a modo de homenaxe polos seus 10 anos participando no proxecto da Ludoteca. Recibiuno de man de Rosario Rodríguez, concelleira de Persoal, e Diego Lourenzo, Concelleiro de Mocidade, que destacaron “o éxito da Ludoteca e do Campamento Urbano, tanto polos propios cativos e cativas, como pola súa relevancia á hora de permitir a conciliación laboral e familiar dos veciños e veciñas da vila durante os meses das vacacións escolares de verán”.

Obradoiros educativos e lúdicos, animación á lectura e contacontos, piscina, repostería e cociña, recortables, talleres de Nutrición, xogo libre, rutas de sendeirismo ou acampadas nocturnas son algunas das actividades que verán tras verán se organizan para os menores.

Ademais, cada ano búscase innovar e, durante este ciclo, programáronse iniciativas dedicadas a diferentes temáticas como o día do sombreiro, San Fermín, festa da Batucada, Dia de Galicia, xornadas coa Cruz Vermella, uhna excursión ao aquapark, visitas temáticas ao Museo Claustro Mercedario e un Graffiti da Ludoteca, realizado en colaboración co Festival Extruga Street.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac