Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín será a primeira parada de “O Camiño Inmersivo”
Verín será a primeira parada de “O Camiño Inmersivo” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Setembro 2019 13:17

Hoxe, 6 de setembro, presentouse de xeito oficial O Camiño Inmersivo, una proposta cultural baseada no cine inmersivo que percorrerá Galicia como una actividade enmarcada na promoción do vindeiro Xacobeo 2021. A primeira parada desta iniciativa levarase a cabo mañá, 7 de setembro, en Verín.

Neste acto presentación do proxecto participaron Emilia Somoza, Concelleira de Cultura, Educación e Festexo do Concello de Verín, Iago de Sant, Director do proxecto e algunhas actrices do equipo involucrando aos veciños nas súas improvisacións.

Esta iniciativa introduce por primeira vez en España o concepto da inmersión, unha nova disciplina artística que converte aos observadores en personaxes dentro dunha historia guionizada, que ten a capacidade de cambiar en función das reaccións e perfís dos participantes. A diferenza do teatro inmersivo, estas experiencias inmersivas están concibidas para ser gravadas, e obter un produto audiovisual de calidade cinematográfica.

Os responsables de “O Camiño Inmersivo”  explicaron que  “tomando o Camiño de Santiago ao longo dos séculos como fío condutor, as participantes terán a posibilidade real de viaxar no tempo a través das historias que se foron labrando no imaxinario dun pobo.”

Verín será o escenario da súa primeira parada. Os participantes serán absorbidos como personaxes dunha historia que estará guiada por actores profesionais. Non se poden desvelar os detalles, pero si que coñecerán a un científico tolo, a peregrinos de todas as épocas e incluso ao mesmísimo Alfonso II. Todo está suxeito á improvisación e calquera pode ser artífice de moitos cambios. A programación para mañá, sábado, 7 de setembro, é a seguinte:

1. Cabina de contexto - Praza García Barbón - 11.00 horas. Darase a coñecer a inmersión e as fases que se levarán a cabo.

2.Porta Máxica - Tramo de entrada do Camiño de Santiago a Verín - 16.00 horas. Os asistentes poderán gozar de balde dunha inmersión ambientada e guiada duns 20 minutos de duración. O lugar exacto terá que ser descuberto polos participantes seguindo as indicacións do título: “Entrada do Camiño de Santiago a Verín”.

3. Portal do tempo - Praza da Merced - 19.00 horas. Situada nun lugar segredo desta praza ao que os participantes son levados tras a súa inscrición. Trátase da GRAN INMERSIÓN, estará guionizada e terá unha duración de 1 hora. O custo desta actividade final será de 30 euros por persoa.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac