Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín ultima o seu primeiro club de Ximnasia Rítmica
O Concello de Verín ultima o seu primeiro club de Ximnasia Rítmica PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Setembro 2019 14:05

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín está a xestionar a formación dun Club deportivo de Ximnasia Rítmica na vila. Dita iniciativa nace da demanda de moitos pais e nais que buscan que os seus cativos e cativas poidan gozar desta actividade dun xeito accesible.

As actividades que englobarían este club estarán destinadas a menores de entre 3 e 16 anos, divididos en dous grupos: os menores de 3 a 6 anos poderán gozar de actividades físicas de base, mentres que aqueles que teñan entre 7 e 16 practicaran a  modalidade de ximnasia rítmica.

Entre os beneficios deste deporte  podemos atopar a mellora da condición física e da flexibilidade e a estimulación da coordinación e da concentración. Axuda a conectar co espazo e o tempo, a coñecer  o propio corpo e os seus movementos e a corrixir malas posturas. Trátase dunha actividade física completa que se converte nunha alternativa perfecta para que os máis pequenos se manteñan activos  mellorar así a súa calidade de vida.

O primeiro curso de ximnasia rítmica en Verín levarase a cabo entre outubro do 2019 e xuño do 2020. Aqueles que estean interesados nesta actividade deberán preinscribirse acudindo á Casa da Cultura de Verín ou chamando ao teléfono 988414776.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac