Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín formaliza, en colaboración co CIM da Mancomunidade, a contratación de dúas vítimas de violencia de xénero
O Concello de Verín formaliza, en colaboración co CIM da Mancomunidade, a contratación de dúas vítimas de violencia de xénero PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Setembro 2019 13:49

O Concello de Verín ven de formalizar a contratación nos servizos de limpeza municipais de dúas mulleres vítimas de violencia de xénero, a xornada completa e durante un período de nove meses. Devandita actuación e posible grazas a achega realizada pola Consellería de Presidencia, da man da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia realizada no marco das subvencións destinada ao fomento de contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración con entidades locais, así como da colaboración do CIM da  Mancomunidade de Verín, quen xunto coa área de Servizos Sociais municipal realizaron conxuntamente o labor de selección das persoas candidatas.

Lograr unha integración plena destas mulleres buscando dotalas dunha maior autonomía a través da independencia económica é o principal obxectivo que persegue con esta actuación o Concello de Verín. «Iniciativas coma estas permítenos completar as intervencións que se realizan desde a área de Servizos Sociais do Concello e desde o CIM da Mancomunidade de Verín, xa que temos constancia que cando estas mulleres conseguen o primeiro emprego relativamente estable, entran no mercado laboral, logrando así unha mellora radical das súas vidas.», salientou Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior.

Segundo destacou Rodríguez "esta oportunidade que nos brinda  a Secretaría Xeral de Igualdade aos Concellos para por en marcha unha vía de saída e posibilitar a introdución  no mercado laboral das mulleres que sofren esta lacra social, non pode pasarnos de largo, hai que aproveitala, como decidimos facelo en Verín. E unha mágoa que os Concellos lindantes non o fixeran, salvo Monterrei que tamén formalizou unha contratación".

 Dende o CIM consideran que a inserción laboral é a ponte definitiva para a recuperación integral das mulleres que sufriron violencia. «Polo xeral existen diferentes barreiras que separan as nosas usuarias da completa integración social na nosa contorna, e unha delas é o desemprego. Súmase esta circunstancia a que moitas mulleres que están a sufrir violencia de xénero asumen o coidado dos seus fillos e tamén persoas maiores, co cal conciliar a vida laboral e o emprego resulta difícil» destacou, Lorena Álvarez, directora do CIM da Mancomunidade de Verín. Compre ter en conta que as persoas que se atopan nesta situación fan fronte ó reinicio das súas vidas, cunha nova organización familiar e en ocasións en comunidades diferentes».

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac