Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Ordinario: 13 de setembro de 2019
Pleno Ordinario: 13 de setembro de 2019 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Setembro 2019 13:36

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 


1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  EXTRAORDINARIA URXENTE DE DATA 11/07/2019

2. Expediente 2034/2019. RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO 2019

3. Expediente 2894/2019. COMPATIBILIDADE DE D. JOSÉ LUÍS LÓPEZ SÁNCHEZ - PROFESOR SAXOFÓN

4. Expediente 3652/2019. FIXACIÓN FESTAS  LOCAIS 2020

5. Expediente 3568/2019. PROPOSTA DE CONCELLOS  COMO VOGAIS DO CONSELLO TERRITORIAL DA PROPIEDADE INMOBILIARIA

6. Expediente 3654/2019. DAR CONTA DA LIQUIDACIÓN ORZAMENTO 2018,  DOS INFORMES DE INTERVENCIÓN SOBRE  O GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, REGRA DE GASTO E SOSTENIBILIDADE FINANCIEIRA E DOS INFORMES DE INTERVENCIÓN SOBRE RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA CONTRARIAS AOS REPAROS DE LEGALIDADE DO EXERCICIO 2018

7. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

8. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 08/07/2019 ATÉ O 09/09/2019, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

9. ROGOS E PREGUNTAS

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria urxente, o alcalde en funcións, Diego Lourenzo Moura, someteu votación a aprobación a resolución de alegacións e aprobación definitiva do orzamento 2019, que se aprobou por 11 votos (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular.

Logo  de  ver o proxecto de  Orzamento Xeral  municipal  para  o exercicio  2019, aprobado inicialmente no Pleno celebrado o 11 de Xullo, e vistas as reclamacións presentadas pola CIG e polo Partido Popular de Verín, o pleno acordou o seguinte:

  • Admitir a trámite  e desestimar a reclamación presentada pola organización  sindical  CIG,  coas seguintes  matizacións,  de  acordo co  informe evacuado pola Intervención municipal:

1º).-  Inobservancia  do  procedemento:  inexistencia  de  proceso real  de negociación, xa que tras analizar  as  condicións   que,   segundo  o   informe   da   Intervención,   deben producirse  para   considerar  a  existencia  dun  proceso de  negociación  real  e efectivo, estimase, por parte  do Goberno Municipal, que o procedemento desenvolviouse coa  corrección necesaria, apuntando solucións de todo tipo por ambas partes, e que  non foi posible o acordo sobre certas cuestións, ao longo das sesións desenvolvidas na Mesa Xeral de Negociación.

2º).- Omisión do crédito orzamentario ante  obrigas exixibles: inexistencia de consignación orzamentaria ante  obrigas exixibles ou previsibles. Xa que considérase,  por  parte   do  Goberno  Municipal,   que   o  acordo  non   resulta aplicable, de conformidade co sinalado pola Intervención municipal, dado  que  é necesaria  a  negociación  e  previa  tramitación da  correspondente modificación da  Relación de  Postos de Traballo, así  como  a posterior ratificación do órgano competente, que,  neste caso, é o Pleno da Corporación (art. 38.3 RDLEBEP).


  • Admitir  a  trámite   as diferentes  alegacións  presentadas  polos membros do grupo  político municipal do Partido Popular, agás a relativa ao incumprimento  do  orde  de  prelación  de  pagos, debido  a  que  non  pode   ter encaxe nos motivos taxados legalmente para  formular reclamación aos Orzamentos municipais.
  • Aprobar definitivamente o Orzamento Xeral municipal para  o exercicio  de  2019,  sendo  as  previsións que  contén, tanto  no  seu estado de ingresos como no seu estado de gastos, as que  figuran no seguinte resumo por capítulos:


  • Aprobar as plantillas de persoal funcionario e laboral do Concello prevista para o ano 2019, así como a consignación nos orzamentos das retribucións, indemnizacións e  asistencias dos membros da corporación.


O pleno acordou tamén por unanimidade informar favorablemente da compatibilidade de José Luís López Sánchez, para o exercicio da actividade pública secundaria como profesor de saxofón no Conservatorio Elemental de Música de Verín co posto de funcionario do corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia; así como fixar os días 17 de xaneiro (San Antón) e  28 de febreiro (Mércores de Cinza) como festas locais do ano 2020.

A sesión plenaria aprobou por 11 votos (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, propoñer aos concellos de Oímbra, Castrelo do Val e A Mezquita para que formen parte como vogais do Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria.

Por último déronse conta decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 08/07/2019 até o 09/09/2019, ambas as dúas datas incluídas.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac