Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín participa no concurso “O meu Entroido é o mellor” organizado por GADIS
Verín participa no concurso “O meu Entroido é o mellor” organizado por GADIS PDF Imprimir Correo-e
Luns, 23 Setembro 2019 00:00

Gadis busca o mellor  Entroido de Galicia e, como non podía ser doutra maneira, Verín é un dos seus 27 candidatos.




Ata o próximo 30 de novembro, podes votar polo  Entroido de Verín  no seguinte enlace: VERÍN O MELLOR  ENTROIDO

Co concurso online "O meu Entroido é o mellor” Gadis busca promover a difusión destas tradicionais festas, tan arraigadas en #Galicia e de gran valor cultural.

Os concellos galegos participantes mostrarán a través de imaxes e vídeos os valores das súas festas. O público decidirá os gañadores por medio dos seus votos.

Haberá dúas maneiras de participar nas votacións: 

- A primeira mediante o email. Permitirase so un voto por cada dirección.

- A segunda, vinculada ás compras realizadas na rede de establecementos Gadis durante o período comprendido entre o 20 de setembro e o 30 de novembro de 2019. Cada tícket superior a dez euros dará dereito a un voto adicional.

 

PREMIOS

O concello gañador recibirá un premio de 30.000 euros, e haberá tamén dous accésits de 5.000 euros cada un.

Pero iso non é todo, por votar ao mellor entroido de Galicia entrarás no sorteo semanal dun vale de compra de 50€!



 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac