Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín inaugura a exposición “Cartografía de Galicia: O rostro dun país”
A Biblioteca de Verín inaugura a exposición “Cartografía de Galicia: O rostro dun país” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Outubro 2019 11:48

Cartografía Galicia O vindeiro 4 de outubro, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín inaugura a exposición “Cartografía de Galicia: O rostro dun país”, na sala de exposicións do Concello de Verín. A realización destra mostra foi posible grazas á colaboración da Fundación Penzol e a Biblioteca de Galicia.

O acto inaugural contará coa presenza do comisario da citada mostra, D. Francisco Domínguez Martínez (Dtor. da Fundación Penzol), quen fará un pequeno percorrido histórico da cartografía galega, partindo do famoso “Descripcion del Reyno de Galizia” de Fray Fernando Ojea de 1603, pasando polo “Mapa de el obispado de Orense”, delineado por D. Joseph Cornide en 1763, a "Carta Geométrica  de Galicia", levantada polo cartógrafo Domingo Fontán entre 1817 e 1834, ata chegar aos mapas militares alemáns que estes realizaron en 1940 e 1941, cando a nosa comarca era un punto vital xeoestratégico pola presenza do volframio, tan importante no envite bélico da segunda guerra mundial.


A mostra estará aberta ao público entre o 4 e o 25 de outubro, sendo o horario de martes a sábado de 12:00 a 14:00 e de 17:00 ás 21:00 horas.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac