Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas As Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica de Verín inaugúranse con máis de 130 menores inscritos
As Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica de Verín inaugúranse con máis de 130 menores inscritos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Outubro 2019 13:27

Ximnasia Ritmica Hoxe, 3 de outubro, as Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica de Verín comezan a súa tempada 2019-2020 con máis de 130 menores inscritos. Este proxecto, organizado polo Club Deportivo Ximnasia Rítmica de Verín e o Concello de Verín, nace da demanda de moitos pais e nais que reclamaban a posibilidade de que os seus cativos e cativas puideran gozar desta actividade na vila verinesa.

As actividades que engloban este club están destinadas a menores de entre 3 e 16 anos, divididos en dous grupos: os menores de 3 a 6 anos gozarán de actividades físicas de base, mentres que aqueles que teñan entre 7 e 16 practicarán a modalidade de ximnasia rítmica.

Entre os beneficios deste deporte podemos atopar a mellora da condición física e da flexibilidade e a estimulación da coordinación e da concentración. Axuda a conectar co espazo e o tempo, a coñecer o propio corpo e os seus movementos e a corrixir malas posturas. Trátase dunha actividade física completa que se converte nunha alternativa perfecta para que os máis pequenos se manteñan activos mellorando así a súa calidade de vida.

As clases levaranse a cabo os martes e xoves, en grupos por ano de nacemento, nos seguintes horarios:

  • 2009 e anteriores: de 16:00 a 17:00 horas
  • 2010/2011: de 17:00 a 18:00 horas
  • 2012/2013: de 18:00 a 19:00 horas
  • 2014: de 16:00 a 17:00 horas
  • 2015/2016: de 18:00 a 19:00 horas

O curso levarase a cabo entre o mes de outubro deste ano e o vindeiro mes de xuño. Aqueles interesados en inscribirse nesta actividade aínda poden facelo a través do teléfono 988414776.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac