Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A actriz Mabel Rivera será homenaxeada no Festival Internacional de Curtas de Verín
A actriz Mabel Rivera será homenaxeada no Festival Internacional de Curtas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Outubro 2019 11:54

Premio Cultura A actriz de orixe ferrolá Mabel Rivera toma o relevo de Antonio Durán “Morris” e será homenaxeada na vindeira edición do FIC Vía XIV de Verín. En torno á figura desta destacada actriz articularase –segundo sinala Carlos Montero, o director do certame- “unha actividade na axenda paralela do festival que incluirá unha charla coa actriz e a proxección dunha selección de curtametraxes nas que ten participado ao longo da súa fecunda carreira”.

Mabel Rivera posúe unha dilatada traxectoria artística no eido da actuación e dende os anos 70 ten participado en multitude de proxectos teatrais, televisivos e de cinema. Gañadora dun Premio Goya por “Mar Adentro”, no ano 2005, Rivera é un rostro ben coñecido para os telespectadores galegos pola súa participación na célebre serie “Pratos Combinados”, que estivo en antena durante oito anos na Televisión de Galicia.

Dinamismo cultural das vilas galegas

A actriz afirma sentirse “moi agradecida” pola homenaxe, ao tempo que amosa o seu compromiso con participar na cuarta edición do Festival Internacional de Curtas de Verín. Neste sentido, Rivera considera importante respaldar “aqueles espazos que, coma o FIC Vía XIV, achegan propostas e tendencias cinematográficas aos habitantes das vilas galegas, que non sempre teñen acceso á maior oferta de contidos e á axenda cultural que existe nas nosas cidades”.


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac