Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Última semana para que os cativos e cativas de Verín presenten o seu relato ao concurso “A man culpable”
Última semana para que os cativos e cativas de Verín presenten o seu relato ao concurso “A man culpable” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Outubro 2019 11:50

O Concello de Verín promove, dende o Museo Claustro Mercedario de Verín, un concurso de redacción que pretende concienciar aos mozos e mozas da vila do efecto que provoca a acción humana no noso entorno. O concurso, titulado “A man culpable” leva vixente dende o pasado 18 de maio e a data límite para a presentación dos traballos será o vindeiro 15 de outubro. A iniciativa nace a prol da celebración do Día Mundial dos Museos e está inspirada en dúas exposicións da Xunta que pasaron polo Museo de Verín: “Aves de Galicia”, retirada a principios de verán, e “Bolboreta monarca” que aínda se pode visitar estes días.

Están chamados a participar neste concurso os cativos e cativas dos centros educativos da comarca que teñan entre 8 e 16 anos. Deberán presentar un relato de estilo libre que ocupe entre unha e dúas páxinas. Pódense presentar contos, descricións, reflexións... a única condición é que incorporen esta premisa como lección principal: “A intervención do ser humano no medio ambiente, moitas veces de xeito irresponsable, provoca consecuencias negativas na nosa contorna.”

Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín, explica que “o cambio climático, os incendios forestais ou a contaminación das augas están a xerar cambios notorios no noso entorno. Un feito que ninguén nega, pero que quizais tenda a verse dende unha perspectiva afastada. Con este concurso pretendemos que a mocidade de Verín interiorice a importancia de preservar a natureza grazas á observación e reflexión dos cambios que está a sufrir a nosa comarca nun período de tempo tan curto que incluso eles son capaces de aprecialo.”

O fallo do xurado publicarase o vindeiro mércores, 20 de novembro, na páxina de Facebook do Museo Claustro Mercedario de Verín ( @museodeverin ). O gañador obterá como premio unha cámara fotográfica Canon EOS 4000D.

Aqueles que estean interesados en participar poderán consultar as bases do concurso no Facebook do Museo de Verín ou pórse en contacto cos responsables a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 617963905, en horario de apertura do museo: mércores a sábado: 11.00 - 14.00 17.00 – 20.00 || Domingos: 11.00 – 14.00.


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac