Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín acolle o contacontos “Travesías”, de Raquel Queizás
A Biblioteca de Verín acolle o contacontos “Travesías”, de Raquel Queizás PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Outubro 2019 13:17

O venres 11 de outubro, ás 18:00 horas, a Biblioteca Municipal de Verín acolle o contacontos familiar “Travesias”, un espectáculo de narración oral con obxectos e títeres, de Raquel Queizás.

“Travesías” está formada por varios contos que buscan  transmitir valores de igualdade,  respecto e convivencia entre nenas e nenos, así como entre mulleres e homes.

Agárdannos viaxes cheas de aventuras na que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir alcanzar os seus soños.

Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os protagonistas eran sempre  heroes masculinos que salvaban a unha débil princesa. E en raras ocasións aparecían mulleres decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos, e entre mulleres e homes.

Cambiemos o conto!

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac