Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para os Expositores da Feira De Outono 2019
Aberto o prazo de inscrición para os Expositores da Feira De Outono 2019 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Outubro 2019 10:04

Verín celebra os días 9 e 10 de novembro a quinta edición da Feira de Outono, centrada nos productos de tempada e ecolóxicos. Todos os expositores interesados en instalar unha caseta xa se poden inscribir no Concello de Verín (Planta baixa).

Para participar será condición indispensable que a temática do posto estea relacionada cos produtos alimentarios típicos de outono.


CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN NO EVENTO 'FEIRA DO OUTONO'  2019

 

-      Horario da feira: 11 – 14.30 e de  16.30 – 20.30

-      Ubicación: Unha carpa na Praza Maior.

-      Cuota de participación: 30 euros (pagando en efectivo na Tesourería do Concello de Verín ou por transferencia bancaria, Nº conta bancaria:  ES30-0182-0618-46 - 0010025874 (BBVA)

-      As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 30 de outubro de 2019

-      A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios ou recibís en efectivo entregaranse por algún dos seguintes medios:

a) No Concello de Verín –Oficina de Desenvolvemento Local, situada na planta baixa do Concello.

b) Por correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

c) Por fax: 988 41 19 00

-      Dada a limitación de espazo para expor os produtos, realízase a asignación de posto por orden de entrada e pago. Por iso é importante realizar a inscrición e pagamento canto antes.

-      PARTICIPANTES: aberta a inscrición a expositores de alimentación

-      Oferta de produtos típicos de outono.

-      Non se permite a venda de produtos de alimentación que non se encadren nesta época.

-      Permítese a degustación de produto de outono.

-      Os participantes traerán os seus taboleiros . En caso excepcional, avisar ao Concello para por taboleiros se hai dispoñibilidade.

-      A decoración temática do stand/tableiro corre a cargo do expositor.

-       Importante manter a limpeza dentro do stand tal cal se entrega o primeiro día

-      A carga e descarga realizaráse dun xeito organizado, sen interrumpir a resto de expositores, viandantes, resto de coches, etc... Mantendo libre os vados e aparcamentos.

-      A organización resérvase o dereito de anular a inscrición dos/das participantes, cuxos produtos non certifiquen calidade para ser comercializados así como a temática.

-      Os/As participantes son responsables dos produtos vendidos e serán obrigados a indemnizar a calquera comprador/a que lles vendan produtos sen calidade.

-      A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.

-      A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamiento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

-      É obrigatoria a presenza dunha persoa mínimo no respectivo stand durante toda a feira, 5 minutos antes da hora de apertura ata a hora de peche.

-      O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do espazo.

-      Por motivos de seguridade, baixase a corrente eléctrica pola noite dentro da carpa.

-      Da noite do sábado ao domingo haberá un garda de seguridade.

-      Calquera   necesidade   especial   ou   información   que   deba   estar   en   coñecemento   da organización, deberá ser comunicada a organización.

 

DESCARGA AQUÍ A FOLLA DE INSCRICIÓN 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac