Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para as clases de gaita, tambor e pandeireta
Aberto o prazo de inscrición para as clases de gaita, tambor e pandeireta PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Outubro 2019 12:11

As persoas que queiran aprender a tocar instrumentos de música tradicional galega (gaita, tambor ou a pandeireta) pódense inscribir na Casa do Concello nos cursos que promove o Concello de Verín.

As actividades formativas comezarán na segunda quincena deste mes e rematarán en xuño do vindeiro ano. As persoas inscritas recibirán nun mínimo de 35 horas de formación, en sesións semanais de unha hora.


O prezo total da formación para as persoas empadroadas en Verín oscila entre 47,5 e 95 euros. Para as persoas non empadroadas o custo total estará comprendido entre 60 e 120 euros. O pagamento pódese liquidar nunha soa vez ou fraccionarse a través de domiciliación bancaria, con mensualidades sen recargo sobre o prezo total.

Teñen dereito a bonificacións do 20 % sobre as cantidades máximas as familias numerosas, ao 35 % o segundo membro de familia matriculado e a descontos do 25 ou do 50 % sobre o custo máximo as familias con circunstancias socioeconómicas adversas e familias monoparentais. Para acceder á bonificación por circunstancias socioeconómicas adversas a renda per cápita familiar non poderá ser superior aos 9000 euros brutos anuais. Como renda per cápita familiar enténdese a renda da unidade familiar de convivencia dividida entre o número de membros da unidade familiar computábeis. Se a renda per cápita familiar é inferior ou igual a 5400 euros brutos anuais, a bonificación será do 50 %. Se é superior a esa cantidade e non supera os 9000 euros brutos anuais, será do 25 %.

Información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo | 988410000

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac