Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas FNAJ promove o emprendemento empresarial na Eurocidade
FNAJ promove o emprendemento empresarial na Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Outubro 2019 09:54

A Fundación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal (FNAJ) levará a cabo o 19 de outubro, na sede da  Eurocidade  Chaves-Verín, antiga aduana española,  Feces de  Abaixo - Verín, España (fronteira con  Chaves, Vila Real), a acción de formación “Emprendemento Empresarial” para líderes asociativos, novos, mozos desempregados, asociados e voluntarios. A inscrición é gratuíta e esténdese ata o 14 de outubro, incluído o xantar e o certificado de capacitación acreditado.


Os obxectivos xerais desta iniciativa inclúen:

•          Capacitar aos participantes para que o emprendemento social se base en metodoloxías de educación non formal;

•          Fomentar un espírito emprendedor e creativo nos alumnos.

O programa de estudos da formación inclúe:

•          Primeiro emprego: técnicas de procura;

•          Como ser un axente de cambio;

•          Ideas prácticas para negocios;

•          Oportunidades de negocio na Euro rexión Norte de Portugal-Galicia.

A acción de formación empezará ás 09 h30 (hora portuguesa) e finalizará ás 18 h30 e o rexistro pódese realizar a través da seguinte dirección:

https://fnaj.pt/index.php/formacao/item/50

Esta acción desenvólvese no ámbito do proxecto  EUROCIDADE_2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal2014-2020 (POCTEP), con cofinanciamento do FEDER.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac