Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín é o protagonista da caseta do “Lar Gallego” de Sevilla no XI encontro de casas rexionais e provinciais de Sevilla
Verín é o protagonista da caseta do “Lar Gallego” de Sevilla no XI encontro de casas rexionais e provinciais de Sevilla PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Outubro 2019 12:07

Esta fin de semana, da man do Directivo da Lar Gallego de Sevilla, o verinés Genaro González Cao, Verín convértese no gran protagonista na  XI edición do Encontro de Casas Rexionais e Provinciais que cada ano celébrase na Praza Nova de Sevilla, que este 2019 homenaxea á Casa de Cantabria.

O presidente do Lar Gallego de sevilla, Alfredo Otero, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, farán de anfitrións para recibir na caseta do Lar gallego ao resto de presidentes das distintas casas rexionais e diferentes autoridades.

Esta edición a caseta do Lar Gallego, vístese con imaxes de Verín, e entre verinesas,  cigarróns e gaiteiros encargaranse de compartir con todos os visitantes os produtos típicos da terra. Queixos, empanada galega,… acompañados dun gran viño grazas á D.O. Monterrei que quixo estar presente esta fin de semana en Sevilla cos seus mellores caldos.

O venres 11 de outubro terá lugar a inauguración no Salón Colón do Concello hispalense, que contará co pregón de José Antonio Fernández  Cabrero, Irmán Maior da Irmandade da Macarena onde asistirán Presidentes das diferentes Casas Rexionais e Provinciais e distintas autoridades. Mentres as rúas do centro da cidade estarán animadas os  Cigarróns e a Banda de Gaitas do  Concello de Verín, máis de medio centenar entre gaiteiros e  Cigarróns, que farán un rueiro para todos os sevillanos e visitantes. Esta mesma noite, a Banda de Gaitas do Concello de Verín actuará no escenario de Praza Nova embriagando Sevilla con acordes galegos.

O sábado 12 esta mesma Banda actuará na Romaría Galega que cada ano celebra o Lar Gallego de Sevilla coincidindo con esta festividade de Casas Rexionais e Provinciais. Pola noite, ás 21.00 horas os  Cigarróns do Concello de Verín percorrerán as rúas do centro mostrando o encanto e a maxia destas tradicionais figuras e volverá actuar no escenario da Praza Nova a Banda de Gaitas.

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac