Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Extraordinario: 22 de novembro de 2019
Pleno Extraordinario: 22 de novembro de 2019 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Novembro 2019 14:32

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria urxente, o presidente, Gerardo Seoane, someteu a votación solicitude de inclusión no Plan  Provincial  de  Cooperación  ás Obras e  Servizos Municipais da Deputación Provincial de Ourense, para o exercicio 2020,  das seguintes obras:


1ª.- Canalización do canal de san lázaro e beirarrúas tramo urbano casa do escudo-estrada de Vences, por un importe de 48.000 euros

2ª.- Adecentamento e beirarrúas do acceso a Primeiro de Maio por  entrada norte (Estrada de Laza, por un importe de 48.000 euros.

Devandito punto quedou aprobado por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular.


Por outra banda, o pleno tamén aprobou, por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, asumir a  xestión directa do servizo de atención á dependencia. Este acordo plenario levase a cabo previa comunicación por parte do xestores da concesionaria (ALPIXENDRA SERVICIOS RURAIS S.L) de non revalidar a prórroga anual permitida no seu contrato de concesión ao considerar que as actuais condicións da adxudicación son deficitarias e lles estaban a provocar importantes perdas ao mes.

Segundo destacou Seoane «Ante a imposibilidade de sacar o prego a concurso polos prazos legais, e para evitar que o servizo se vexa comprometido, decidimos asumilo de forma provisional dende o Concello. Se todo funciona correctamente, manteremos o servizo, se non, volveremos a sacalo a concurso».

Tamén se acordou na sesión, por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, a saída do Plan  de Pago a Provedores do ano   2.012,  mediante  amortización  anticipada  total  da  operación  de endebedamento  vinculada   ao   mesmo,  con   cargo   integramente  a   fondos propios municipais, así como a amortización anticipada total da operación de endebedamento,  con   cargo    a   recursos  financeiros   propios   municipais.

Coa finalidade de dar cumprimento aos obxectivos de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e sustentabilidade financeira a 31 de decembro de 2.020, aprobouse esta mañá tamén o Plan Económico – Financeiro obrante no expediente para o período 2.019 – 2.020, por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular.

Por último quedaron aprobadas por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular as dúas operacións de crédito levadas a pleno, esixidas no novo Plan Económico Financeiro, incluídas dentro das súas medidas de consolidación.

«O novo Plan Económico Financeiro indica que é necesario facer catro modificacións. Concretamente, no anterior pleno aprobamos dúas delas. Neste vaise dar cumprimento, por unha banda, a formalizar no ano 2019 a débeda financeira necesaria para financiar a totalidade das inversións que se preveu realizar no exercicio, e dicir, a modificación 14/2019 por un valor de 670.000 euros; e por outra, a formalizar unha operación de crédito en 2019 coa finalidade de financiar  a totalidade do importe gastos correntes devengados no 2018, o que se corresponde con Modificación 10/2019, cun importe de 531.945,51 euros», explicou Diego Lourenzo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac