Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 75 especies de setas na exposición micolóxica do Museo Claustro Mercedario de Verín.
Máis de 75 especies de setas na exposición micolóxica do Museo Claustro Mercedario de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 Novembro 2019 11:21

Máis de 75 especies micolóxicas, un 50%  máis que na primeira edición, estuveron expostas ao longo deste domingo, 24 de novembro, no Museo do Claustro Mercedario de Verín. Eran o resultado da recollida no traballo de campo das II Xornadas Micolóxicas “Rocos, turtullos e cacabinas”. Este ano, un apartado especial fixo pedagoxía das posibles confusións entre especies, algunhas delas consideradas tradicionalmente seguras, como o cogordo ou Macrolepiota procera ou o champiñón, tidas por seguras en moitas comarcas e que presentan algúns posibles erros fatais.

O “cogordo” pódese confundir coas mortais lepiotas, moito máis pequenas, e que conteñen faloidina, o mesmo veleno mortal que as Amanitas phaloides. A especie máis parecida ao tradicional cogordo é a Lepiota brunneoincarnata, unha seta mortal.

Ademais, dende hai anos, está presente en Galicia a Macrolepiota venenata, chegada de América na terra dos abetos de Nadal, que tamén pode ser perigosa. As diferenzas taxonómicas e elementos diferenciais para a recolección segura foron as estrelas da exposición.

Outra das especies parecidas que poden inducir a erro son os Agaricus silvestre, coñecidos como champiñóns, que se poden confundir coa Amanita Verna ou con outro agaricus, a xantoderma, que tampouco é comestible.

Así, ata media ducia de especies e as súas posibles confusións foron divulgadas ao numeroso público na exposición, con atención directa dos micólogos, con Rafael Baamonde á cabeza, que aportaron recomendacións de seguridade e consellos sobre a utilización das guías e o seu uso para o coñecemento e a clasificación.

Ademais, as setas foron presentadas con etiquetado co nome científico e vernáculo do Val de Monterrei, e con curiosidades como a da seta tintureira, que se usaba no pasado para tinxir a lá, ou moitas outras peculiaridades, como a historia dos turtullos ou das cacabinas.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac