Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A V edición da Feira de Nadal contará con máis de trinta postos
A V edición da Feira de Nadal contará con máis de trinta postos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Novembro 2019 14:25

Os próximos sábado e domingo, 7 e 8 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a V edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán máis de 30 postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos doces. Así o confirmou esta maña Manuel Lorenzo, concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería.

A feira contará tamén con animación natalicia, cata de viños, música e sorteos de productos típicos de nadal doados polos expositores. Ao igual que na pasada edición, a Feira de Nadal contará  tamén coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios productos artesanais.

O horario de apertura das casetas da Feira de Nadal será de 11:00 a 14.30 horas e de 16.00  a 20.00  horas, e o programa completo de actividades é o seguinte:

 

SÁBADO 7 DE DECEMBRO

  • 11.00h: Inauguración coa actuación da banda de gaitas do Concello de Verín.
  • A partir das 17:00h:  visita de Papá Noel ao recinto feiral con recollida de cartas.
  • 18:00h: Actuación da Agrupación Musical Candaira.
  • 19:00h: Cata de viños da D.O. Monterrei no Restaurante ‘Regueiro da Cova’ (Necesaria inscrición previa no Concello*).

 

DOMINGO 8 DE DECEMBRO

  • A partir das 17.00h: Visita do Apalpador ao recinto feiral.
  • 20:00h: Entrega do premio ao Mellor Stand Natalicio.

 

 * Descarga aquí o formulario de Inscrición para a Cata de Viños


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac