Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Grupo de Teatro Sénior de Afundación versiona a Castelao con Os vellos namorados en Verín
O Grupo de Teatro Sénior de Afundación versiona a Castelao con Os vellos namorados en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Novembro 2019 13:30

ABANCA, Afundación e o Concello de Verín asinaron esta mañá un convenio de colaboración cultural mediante o cal o Grupo de Teatro Sénior de Afundación representará Os vellos namorados, unha versión de Os vellos non deben de namorarse de Castelao, na localidade. Asistiron á sinatura o alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane; o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; e a coordinadora Institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.


A representación de Os vellos namorados será mañá xoves 28 de novembro, a partir das 19.00 h, no Auditorio de Verín. A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade. Esta iniciativa enmárcase no proxecto «Corrente cultural» de Afundación, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, con interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

Esta farsa en tres actos e epílogo satiriza sobre o amor e a morte de tres vellos imprudentes. Tres amores tardíos, tres vellos que se namoran de tres rapazas novas e tres maneiras de enganalos neste xogo de comedia que amosa o medo humano á soidade e a necesidade de amar e ser amado.

O GRUPO DE TEATRO SÉNIOR DE AFUNDACIÓN

O grupo de teatro do Espazo +60 Afundación da Coruña fórmase no ano 1984, cando un grupo de socios e socias afeccionados se reúnen e comezan a dar os seus primeiros pasos representando monólogos e obras curtas. Coa axuda do seu profesor e director, Víctor Díaz Barús, ese mesmo ano debutan cunha obra de Molière, e organizan o I Encontro de Grupos de Teatro.

Na actualidade está integrado por 21 actores e actrices de idades comprendidas entre os 60 e os 90 anos. Algúns dos seus compoñentes participaron en varias series de televisión, como Mareas Vivas, Libro de familia ou Serramoura, en películas como O lapis do carpinteiro e en diferentes anuncios publicitarios. Durante a súa traxectoria, o grupo recibiu numerosos premios en certames de teatro afeccionado, tanto no ámbito galego coma no nacional.


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac