Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A IV edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, que arrinca mañá, propón unha semana repleta de actividades relacionadas coa cinematografía para todos os públicos
A IV edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, que arrinca mañá, propón unha semana repleta de actividades relacionadas coa cinematografía para todos os públicos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Novembro 2019 17:12

A IV edición do Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC Vía XIV), que arrinca mañá ás 20.00 horas no auditorio da localidade, propón unha semana repleta de actividades relacionadas co eido cinematográfico para todos os públicos, adultos e cativos. “A vocación social do certame evidenciase, especialmente, na axenda de actividades paralelas deseñada, con ciclos específicos dedicados á cinematografía de puntos do globo en conflito como pode ser o Sáhara Occidental, pero tamén na temática de moitas das curtas”, destaca o director do certame, Carlos Montero.

Un total de 72 obras exhibiranse nesta IV edición do FIC Vía XIV. 52 delas participarán no concurso oficial e proxectaranse no marco das catro categorías do festival cuxos eixos argumentais están vinculados ás realidades de Fronteira, Emigración e Entroido, tres conceptos que “teñen deixado fonda pegada en Verín e que teñen marcado e inspirado o carácter das súas xentes”, afirma Montero. Ademais, dentro da categoría Nova, exhibiranse as mellores curtas de cinema contemporáneo.

O Festival, que inicialmente naceu para promocionar Verín, asentouse xa coma un fito estable na axenda cultural da vila. Precisamente, a coordinadora do certame e concelleira de Cultura da localidade, Emilia Somoza, será a encargada da apertura  desta cuarta edición do Festival.

Comezan as proxeccións do concurso

Seguidamente arrincarán as proxeccións do concurso. En concreto exhibiranse as curtas The Distance between us and the sky (Palma de Ouro á Mellor Curtametraxe no Festival de Cannes 2019), Pompon Girl, Butterboo e Después también, todas elas incluidas na categoría Nova. No marco da categoría A Raia poxectaranse Santa Baia de Montes (que será presentada pola súa directora, a verinense Sabela Souto), 16 de decembro, Letters from childhood, Cães que ladram aos pássaros, Marusía e Farruca.

Axenda de actividades

Ademais do ciclo dedicado ao Sahara Occidental, haberá tamén unha retrospectiva de cinema cubano actual no marco da axenda de actividades paralelas do certame. Xunto a isto, a actriz Mabel Rivera será homenaxeada no decurso da semana. Proponse, ademais, unha actividade divulgativa que liga música e cinema; unha axenda específica para os cativos e a posibilidade de desfrutar dun avance do documental Entroidar, que está a filmar o compostelano Pablo Ces e que se centra no Entroido de Laza. Tamén, ao longo da semana, se poderán visualizar en Verín as pezas premiadas no Festival Internacional de Curtas de Comedia, RIR, de Allariz, que é o certame convidado nesta edición do FIC Vía XIV.

Finalmente, dentro da programación paralela do certame, desenvolverase ao longo da semana un concurso de escaparatismo promovido en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de Verín. “Apostamos, a través de todas estas accións, por involucrar un ano máis a todos os verineses no discorrer do certame”, finaliza Montero.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac