Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo para inscribirse no Ludonadal 2019-2020
Aberto o prazo para inscribirse no Ludonadal 2019-2020 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Decembro 2019 19:00

Xa está aberto o prazo de inscrición de Ludonadal, actividade organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada  e dirixida aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, co obxecto de  facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos cativos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

‘Ludonadal’ realizarase no pavillón de deportes dende o día 21 de decembro ata o 7 de xaneiro; de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; sábados de 10 a 14 horas. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 50 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 30 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).

No marco de 'Ludonadal' terán lugar actividades variadas:

Globoflexia, maquillaxe infantil, festa do doce do Nadal, manicura natalicia, Día dos Santiños Inocentes, xincana, got talent con temática navideña, chegada do Papá Noel, obradoiros para decoración navideña; xogos populares (brilé, xogo da silla, paracaídas, soga, bomba...); manualidades 3 en raia (plastilina, funny, gummy); relevos (carreira de sacos, xogo da rá, túnel, globos...), inchables ecarta aos Reis Magos e buzón.

Para a Cabalgata de Reis os menores que queiran participar vestidos de anxos, estrelas e pastorciños teñen que apuntarse na ludoteca.

Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude ou no teléfono 988-414776.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac