Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O concerto de María do Ceo inicia a programación anual do Auditorio Municipal
O concerto de María do Ceo inicia a programación anual do Auditorio Municipal PDF Imprimir Correo-e
Martes, 31 Decembro 2019 09:30


María do Ceo abre a programación do vindeiro ano no Auditorio Municipal cun concerto no que repasa a súa traxectoria, enraizada no fado como inspiración básica, e que mostra esa identidade cultural luso-galaica que a artista representa.
As entradas para o espectáculo, que dará comezo ás 20:00 horas do sábado 4 de xaneiro, poderán retirarse de balde na Oficina de Turismo do Concello de Verín, sita na Rúa Irmáns la Salle, durante o xoves, día 2 de xaneiro, e o venres 3 de xaneiro en horario matinal de 12:00 a 14:00 horas e dende as 17:00 ás 21:00 horas pola tarde.
O sábado estarán dispoñibles durante a mañá na mesma Oficina de Turismo e pola tarde poderán recollerse xa no Auditorio Municipal a partir das 17:00 horas até o comezo da actuación.



 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac