Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Saúl López supera a Carlos Canle en Verín e recupera ou camisola de líder da Copa Galicia de Ciclocrós
Saúl López supera a Carlos Canle en Verín e recupera ou camisola de líder da Copa Galicia de Ciclocrós PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 05 Xaneiro 2020 13:40

Un representante do club anfitrión defenderá a camisola de líder elite este domingo en Maceda no peche da Copa Galicia de Ciclocrós. Saúl López venceu este sábado en Verín e desbancou do primeiro posto da xeral a Daniel López (Cambre). O monfortino ergueu os brazos na primeira das dúas citas desta fin de semana na provincia de Ourense tras bater ao sub-23 Carlos Canal (Burgos BH) nun axustado final.

O I Ciclocrós Vila de Verín, organizado polo Bicicletas Chinquena e que foi adiado o pasado 21 de decembro por mor das adversas condicións climatolóxicas, contou cunha destacada presenza de corredores portugueses. Dous representantes do país veciño, os elites Roberto Guimaraes e Marcio Barbosa, xogáronse con Saúl López e Carlos Canal o triunfo na carreira elite e sub-23.


A vitoria non se lle escaparía ao ciclista do Maceda, que o pasado domingo revalidou o seu título de campión de Galicia. Saúl López impúxose cun tempo de 53 minutos e 45 segundos, superando por 7" a Canal e por 14" a Roberto Guimaraes e Marcio Barbosa, terceiro e cuarto respectivamente. Daniel López, que chegaba como líder a esta quinta xornada, rematou quinto.

O ranking elite queda encabezado por Saúl López con 1020 puntos e unha marxe de 40 respecto a Daniel López. Terceiro, aínda con opcións matemáticas de lograr o título, mantense Luis Fernández Oliveira (Avanza), con 900.

Carla Fernández

A gran triunfadora nos campionatos autonómicos, a sub-23 Carla Fernández (Río Miera), tamén repetiu éxito en Verín. A viguesa cruzou en primeira posición a liña de meta cun rexistro de 46:30. Co segundo posto na carreira raíña feminina fíxose a júnior Noela Saa (Maceda), finalizando a 1:31 da gañadora absoluta e con 13" de vantaxe sobre outra júnior como é Laura Capa (Aleata-Farto). María Jesús Barros (Spol) clasificouse cuarta e venceu nas elites.

No resto de categorías subiron ao máis alto do podio Laura Mira (Redondela) e Ricardo Buba (Coruxo) en cadetes, Miguel Rodríguez (Ponteareas) nos juniors,  Rocío Blanco (A Forna) e Roberto Rodríguez (Bicicletas Chinquena) en máster-30, Estela Lago (Bike O Facho) e Rogerio Matos en máster-40, Isabel Castro (Condado Bike) e Antonio Simoes en máster-50, e José Manuel González (Maceda) nos máster-60.

Premios finais

A Copa Galicia baixará o pano este domingo a partir das 10:00 horas co XII Ciclocrós Castelo de Maceda, a outra proba adiada pola borrasca Fabien. Á conclusión de todas as carreiras, celebrarase unha dobre cerimonia de premiación. Despois de entregarse os trofeos aos vencedores da xornada, pisarán o podio os tres primeiros clasificados nas xerais finais de cada categoría, así como o mellor club nesta edición do certame autonómico.

aOito ciclistas xa teñen matematicamente sentenciados os seus rankings: Laura Mira e André Martínez (Avanza) en cadetes, Carla Fernández nas sub-23, Rocío Blanco e Andrés Calvete (Monte Xalo) en máster-30, Manuel Armada (Cidade de Santiago) nos máster-40, Antonio Sousa nos máster-50 e Antonio Fernández (Cambre) nos máster-60. Os líderes nas categorías que aínda están por resolverse son Laura Capa e Anxo Carril (Coruxo) en juniors, Ángel Maneiro (Toxo) nos sub-23, Diana Blanco (Barbanzabike) e Saúl López en elites, e Natalia Raña nas máster-40/50.

 

 

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac